De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Figueroa
Como é fácil supoñer polo nome, está na Rúa Figueroa de Pontevedra, ben coñecida por ser onde están algunhas das taperías máis cláiscas e tradicionais (no mellor sentido das palabras) da cidade.

O Figueroa abriu a principios de ano como un local de tapas "moderno". Non tiven ocasión de probar a sua cociña, así que pouco podo decir, ainda que polo que puiden axexar na carta, pareceume un chisco caro. Certo que non é unha tasca, que as mesas teñen mantel de tela e veliñas, e a decoración é moi acolledora, pero parece que certas cousas perden o seu encanto cando se modernizan, non sei se pensades o mesmo... Eu, para picar algo, quédome co local do lado, por exemplo.

Pero entramos a tomar un viño, na barra, de pé, porque as mesas, salvo as da terraza, están só na primeira planta e para xantar ou cear. Puxéronnos un pinchiño de pan con aceite e chourizo que estaba bo, pero nos soubo a pouco.


Rúa Figueroa nº16. Pontevedra
Comentarios (1) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 27-09-2006 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Pipeiro
A semán pasada tiven esto totalmente abandonado, pero na miña defensa hei de decir que non tiven tempo a nada, e todo, por mor da vendima, que foi quen marcou a miña vida estes días pasados, e está ameazando tamén para os dous vindeiros... Ate tal punto andiven noutra cousa, que ate deixei de lado en parte as miñas tarefas profesionais, e rompendo unha das miñas reglas de ouro, tiven que ir traballar o sábado pola mañán.

Eso si, aproveitando que me tiña que achegar a Ponte Caldelas, fixen porque fora perto da hora de xantar e así poder tomar o aperitivo no Pipeiro, un dos restaurantes máis afamados da zona. Fama que debe tanto á caza, que seica preparan moi ben, ainda que nunca tiven a oportunidade de probala, como ós cocidos nos que destaca a galiña caseira (caro, pero o mellor que teño tomado fora da casa, as cousas como son).

De pincho puxéronnos unha empanada de millo de zamburiñas que estaba moi boa, a verdade. Ainda que me quedou un pouco de pena de non probar unha fabada que estaban tomando outros clientes (ollo, como plato, non de pincho).

Avenida de Vigo nº5. Ponte Caldelas
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Ponte Caldelas - Publicado o 25-09-2006 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
La Roca
Se xa en Pontevedra non é moi habitual que poñan un bo pincho nos bares, que lle den a posibilidade ó cliente de elexir entre varios é toda unha excentricidade, digna de mención. Unha das últimas veces que estiven, os pinchos entre os que se podía elexir eran tortilla, ensaladilla, chourizo ou revolto de allos tenros. Ou sexa, que para todos os gustos.

La Roca está no centro e Pontevedra, perto de Tráfico e xusto en fronte da Policía Nacional, así que é unha boa opción para tomar un aperitivo relaxado despois de facer unha xestión administrativa; cuestión esta que, alomenos a min, ten a "virtude" de estresarme máis do que merezo.

O mellor que ten é, sen dúbida, a posibilidade de escoller entre varios pinchos.

Pero hai algo que non me gusta do local que é a súa decoración. Ainda que vou a miudo, non consigo que me pareza un sitio acolledor.


Rúa Joaquín Costa nº28.Pontevedra
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 15-09-2006 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Avión
Teño que confesar que non son unha persoa especialmente constante, así que para min, chegar ó artigo núnero 50 é todo un logro. Logro ó que, por suposto, non sodes alleos todos os que con máis ou menos frecuencia vos asomades por aquí.

Así que para celebralo, ¿qué mellor que un marisquiño? Foi Miguel Vila quen me descubriu a existencia do Avión. Seica estivo por alí un día, por casualidade, e lle puxeron dous pinchos espléndidos: unha fabada caseira e pisto de calabacín con ovo cocido. E que viu un cartel no que poñía algo así como "e os venres nécora".

Na primeira oportunidade que tiven de ir a Santiago un venres, o primeiro que fixen foi, como é lóxico, ir ó Avión. E puiden comprobar como o que me contaran era certo: de pincho puxéronnos unha nécora a cada un; pero tamén algo de xamón e queixo. Impresionante.

Non deixedes de pasar por alí: e un bar dos de toda a vida, atendido polos donos, e quizais por iso coidan así a atención ó cliente. Bos pinchos a un prezo máis que razoable. ¿Que máis se pode pedir?


Rúa da Rosa nº6. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 12-09-2006 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
La posada
Non sei se hai alguén que o coñeza polo nome do bar, pois en realidade é coñecido como "a de Pastor". De feito, no fondo do local teñen colgada da parede unha foto da Patagonia coa distancia dende alí ó bar (12000 non sei cantos kilómetros, penso), onde non só aparece o nome do local, senón tamén o do seu dono.

A primeira vez que estiven na de Pastor foi fai un par de anos, e dúas cousas me chamaron poderosamente a atención. A primeria, que nada máis chegar nos puxeron xa o pincho diante (se non lembro mal, era ensaladilla), antes incluso de que pediramos a bebida. A segunda, e non menos importante, que Pastor nos atendeu cantando, pois así se pasa este bo home o día e así é como se comunica cos seus clientes.

A de Pastor está na Rúa da Magdalena, en pleno centro comercial de Ferrol, así que é unha moi boa opción para acabar un día de mercas, por exemplo. O que parece que fai moita xente, pois seica hai veces que incluso hai xente á porta esperando a que abra.

Así que hei de decir que tiña moitas ganas de voltar para alí e comprobar que todo seguía coma sempre antes de incluir La Posada neste blog. Teriades que ver o meu sonriso cando Pastor, ó compás dunha canción de Roberto Carlos ("tantas veces yo pensé volver...") nos deixou enriba da mesa unhas patacas con chourizo e nos preguntou que queriamos de beber.


Rúa da Magdalena nº85. Ferrol
Comentarios (2) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 08-09-2006 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal