De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Yunque

O outro día estivemos en Santiago para visitar a Isabel e Marcos, cos que non sei nin canto tempo que non estabamos, e ós que boto moito de menos dende que se foron a vivir aló... Como tamén boto en falta aquela semi-competición culinaria que nos marcaramos, e na que uns e outros tentabamos sorprendernos mutuamente cada xoves con algo mellor cada semana.

As obras no piso dos nosos amigos fixeron que desta volta non puideramos gozar do seu bo facer na cociña, así que saímos a xantar. Antes, e como saben desta miña afección polos pinchiños, leváronme a un sitio novo para min: o Yunque.

Este bar atópase na Rúa das Orfas, no mesmo local que antes foi a ferretería do mesmo nome, ben coñecida por todos os composteláns.

O pincho, como vedes na imaxe, é ben xeitoso. Primeiro, puxéronnos unha fonte con calamares e unhas pulgas de chourizo (máis pan ca chourizo, todo hai que dicilo), e ó pouco apareceron cunha tapa para cada un de patacas fritas con xamón cocido e unha salsiña picante. Ben xeitoso...



Rúa das Orfas nº27. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (3) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 25-08-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
A viña de Xavi

Non quero nin pensar canto tempo fai que non vos falo dun novo bar para tomar un pincho, pero é que entre unhas cousas e outras, non dei abasto, e iso, que Depinchos é unha das boas maneiras que atopo para relaxarme e esquecerme de todo, pero nin con esas. A ver se dunha vez volta o ritmo normal de vida, que boa falta me fai...

Foi Sole quen me levou a A viña de Xavi, onde tomamos o aperitivo antes dun xantar onde, entre outras cousas, falamos dos seus plans para viaxar a Perú un tempo despois. Como xa está de volta, non sería este un mal sitio para que, diante dunha boa botella dunha das máis de catrocentas referencias de viños que se poden degustar no local. E é que todo o que foi metendo na súa caixa da súa viaxe non nos chegou a nada ós que temos o Machu Pichu na nosa lista de lugares imprescindibéis a visitar antes de morrer.

O pincho, xa o vedes, dos que axuda a asentar o viño, como non podía ser doutro xeito.


Rúa San Pedro de Mezonzo nº5.Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 14-08-2007 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal