De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Sidrería Lagar
Ainda que nos dixeran que en Ferrol non é moi habitual que poñan pinchos nos bares, se un ten a sorte de sair por aí con "Richard" comprábase que eso non é certo. Grazas pola túa compaña, déboche unha.

O primeiro sitio ó que nos levou foi a unha sidrería; algo que nos gustou moito xa que hai polo menos un ano que non nos achegamos até Asturias, así que uns bos "culíns" de sidra fresquiños nunha tarde de calor sentáronnos de vicio. Polo menos a min.

E cal non foi a nosa sorpresa cando nos puxeron un dos pinchos máis abundantes dos que tiña visto en tempo: unha boa sardiña asada con pan de millo. A verdade é que me sorprendeu moito, pois cun pincho así, non hai sidra que sente mal. Nin sidra, nin ningunha outra cousa, por suposto. ¿Que mellor inicio para unha tarde de pinchos?

Evidentemente, esa sardiña foi toda unha sorpresa. Porque non podemos esquecer que, segundo onde nos atopemos, xa parece unha maravilla cando nos poñen unha xoubiña de lata. Noraboa.


Rúa da Iglesia nº132. Ferrol
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 31-08-2006 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Galiano
Este costume das terrazas no verán, cando o realmente agradabel sería estar dentro dos locais con aire acondicionado, fai que un acabe nos sitios máis insospeitados.

Galiano é a familia de churreiros máis coñecida de Pontevedra, xa que levan toda a vida adicada a facer churros tanto nas feiras e festas como nos seus locais. Penso que agora só lles queda un pequeno bar na rúa Gutiérrez Mellado, onde non sei se entrei algunha vez.

Pero no verán poñen unha pequena terraza, na que ó pasar, vin que o aperitivo que lles poñían ós seus clientes non eran só unhas patacas fritas, senón tamén...unhas gambas cocidas. Hei de recoñecer que foi toda unha sorpresa, ainda que non sei se iso é só no verán, ou tamén no inverno se portan ben cos seus clientes, vou a ter que pasar dentro duns meses por alí.

Se segue aberto, claro, porque se non lembro mal, había un cartel anunciando o traspaso do negocio.


Rúa de Xeneral Gutiérrez Mellado nº4. Pontevedra



Pois finalmente, os antigos donos do Galiano xubiláronse, a agora hai un novo establecemento que aínda non visitei.
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 26-08-2006 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón As Viandas
Pese ó disgusto inicial por non atopar os lugares que iamos buscando, e porqué non decilo, pola regular atención que nos deran no sitio anterior, decidimos darlle a Carballo unha segunda oportunidade.

Xa "no centro da vila", entramos nun sitio que nos pareceu nos podería servir non só para tomar un pincho (nas mesas da terraza vimos unhas cazoliñas valeiras que prometían), senón tamén para xantar. Sentamos na barra, pedimos, puxéronnos a bebida... e de novo cansos de esperar polo pincho tivemos que pedilo.

Certo é que nolo puxeron: un guiso de boas alubias. Pero tamén o é que tivemos que escoitar algo sobor do ocupados que estaban...

O peor foi que perderon dous clientes para xantar.




Rúa do Fomento nº22. Carballo.
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 22-08-2006 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Café Villadabad
Ó abeiro dos comentarios recibidos, e como ía pasar un par de días a Ferrol, convencían ó meu medio pomelo para desviarnos ate Carballo, aproveitando que era un domingo de mercado.
Seguindo as indicacións que tiña, a nosa primeira visita foi ó bar que está frente ó Carrefour (que xa non está en Carballo, en realidade, senón en Coristanco), pero estaba pechado por obras. Despois, intentamos atopar o Bastián, pero coas indicacións que tiña non fomos capaces, así que en canto pasamos por diante dun bar con bastante xente, aparcamos o coche i entramos a tomar ese ben merecido aperitivo.

O local, situado perto do mercado, chámase Villadabad. En canto entramos, quedamos ben contentos ó ver as tapiñas de callos que todo o mundo estaba degustando, pero cal non foi a nosa sorpresa cando vemos que pasaba o tempo e a nós non nos poñían nada, polo que supuxemos con non pouco disgusto para a finalidade de este blog que as tapas eran de pago e non de balde, como eu pensaba. Pero como era xa a hora de xantar, pois pedimos que nos puxeran unha tapa, que estaba ben boa por certo.

Cando fomos a pagar, atopámonos coa sorpresa, esta vez agradábel, de que a tapa era de balde. Pero xa tiñamos callos no bandullo i era tarde para sacar a fotiño de rigor...

O peor foi o servizo: ¿e que en Carballo só lle poñen o pincho ós do pobo?



Rúa Vila de Negreira nº10. Carballo.
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 18-08-2006 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Casa Pepe
Totalmente descoñecido para mín, senteime na súa terraza por casualidade... e porque vin que poñían un pincho xeitoso, as cousas como son. Un taquiño de queixo e uns mini-bocadillos de salchichón non son como para desprecialos, a verdade.

As vistas á igrexa de San Agustín e á Praza de Abastos son un valor engadido, que fan que Casa Pepe (moi perto do famoso Cabalo Blanco) sexa un lugar recomedabel. E iso, pese a que os prezos, alomenos na terraza, non son módicos precisamente.

Curiosidade: como a terraza está situada en costaneira, as mesas teñen unhas patas máis largas ca outras, para conseguir a horizontalidade e que as cousas non caian. Simpático. Hai que pensar en todo.

Do interior do local non vos podo contar nada, pois nin sequera entrei. Estábase tan ben fora...




Cantón de San Bieito nº5. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 16-08-2006 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal