De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bagos

A rei morto rei posto ¿non? Pois se antes iamos a miúdo ó finado Malawe, agora visitamos o bar que Fernando Filgueira abriu no mesmo local que antes ocupaba unha das poucas referencais exóticas da cidade.

O cambio foi total,e non só pola xerencia, senón polo rumbo que pretende seguir, no que todo parece indicar (empezando polo nome do local) que o viño vai a ser o principal protagonista, acompañado dun pequeno aínda que orixinal pincho, como este de sardiña en conserva con salsa de pemento que nos puxeron fai uns días.

Pero non só para tomar un bo viño é o Bagos unha boa opción, senón tamén para tomar unhas tapas ou racións orixinais, alonxadas dos clásicos das terrazas do verán ós que estamos acostumados dende sempre. Aínda que esto non é unha novidade, senón que é algo ó que Fernando xa nos tiña acostumados no seu outro local, o Filgueira.

Aínda que a min o que máis me gusta do Bagos, é o pequeno patio polo que se entra, e no que teñen unha minúscula horta na que cultivan as herbas coas que aliñan algúns dos seus pratos...


Rúa do Laranxo nº21. Pontevedra.

Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 23-07-2007 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
La taberna riojana

Algunha vez téñenme preguntado por que non fago unha clasificación dos bares en función dos seus pinchos, pero sempre me resisto, xa que é moi difícil poñer ma mesta listaxe os pinchos de Lugo cos de Pontevedra, por exemplo.

De ter esa clasificación, igual La taberna riojana non estaba nos primeiros postos: un primeiro pinchiño de tortilla con atún, e este de empanada que vedes na foto foi o que nos puxeron neste bar da zona nova de Oviedo. En principio, pode parecer un pincho normaliño, pero se temos en conta que Oviedo é unha cidade na que os pinchos gratuítos non son tradición, pois entón a cousa cambia, e esta taberna subiría postos deseguida.

Outra das cousas que diferencian a este bar é que, como o sen nome fai supoñer, é unha boa opción para probar un bo Rioja de barril.



Rúa Suárez de la Riva nº3. Oviedo
Situación
Comentarios (0) - Categoría AS.Oviedo - Publicado o 15-07-2007 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre: A Estación

Aínda que no tocante ós pinchos non tiven moita sorte que digamos, a miña primeira visita a Cambre foi realmente gratificante. Seguindo o bo consello deixado uns días antes por un visitante de Depinchos, o primeiro que fixen foi achegarme á fermosa igrexa de Santa María e tamén ó pequeno Museo Arqueolóxico do pobo, antes de dirixirme ó encontro dos outros asistentes á xantanza.

Ó redor dunhas cañas, fomos saudándonos os reincidentes, e coñecendo ós novos asistentes para dirixirnos, como en procesión, ate A Estación, onde todo estaba preparado cando chegamos.

Aínda que varios blogogastrónomos xa coñecían o lugar, para min foi toda unha descuberta. A primeira sorpresa: o local en si, na antiga estación de tren, un comedor alongado que lembra a un vello vagón-restaurante fai pensar a un que se atopa noutra época. Pero para nós tiñan preparado un pequeno reservado onde os dezaseis asistentes pareciamos os cabaleiros do rei Artur... aúnda que en mesa cadrada (e deliciosamente decorada).

O menú que Juan Crujeiras e o seu equipo tiveron o detalle de preparar de xeito personalizado para nós foi a segunda sorpresa, dende o orixinal comezo da degustación de aceites do que xa lera cousas (unha das miñas debilidades, o bo aceite de oliva) ate o espectacular fin de festa das milfollas de chocolate e laranxa con xeado de chocolate jivara lactee que vedes na foto e me deixaron sen fala. E entre un e outro:

* bombón de foie gras de parrulo e chocolate especiado con carpaccio de polo piñeiro e cítricos. Quizais o prato que me resultou máis novidoso e sorprendente de todos, pola orixinalidade do polo cru, e o estalido do foie (especialmente suave) ó romperse o bombón na boca.

* sardiña mariñada, queixo de Arzúa e tomate. Un bo xeito de comer un peixe azul de temporada, que convencería incluso ós que teñen uns certos prexuízos coas sardiñas.

* atún mariñado ó forno con salsa de iogur de lima e aguacate. Gustoume o lixeiro sabor á curry co que se mariñara o peixe, o seu punto de cocción (rosadiño por dentro) e a delicada ensalada de brotes, algún dos cales non souben identificar.

* canelón de polo piñeiro con salsa de olivas negras. Non é moi habitual atopar polo nun menú degustación, aínda que o que me chamou máis a atención foi o contraste entre a suavidade do canelón e a salsa das olivas negras.

* mero, mexilóns, coprinus e emulsión de escabeche. Gosto moito do peixe, e o mero non é unha excepción. O que me resultou máis curioso foi a "modernización" dos tan socorridos mexillóns en escabeche que servían de acompañamento.

* carne do país á grella. Acompañada de patacas fritas panadeira e pementos de Padrón (para min, os primeiros da temporada), foi o prato menos orixinal do menú, pero ¿por que resistirse a algo tan saboroso?

* té con leite e limón. Eu ía esperando ese blue gin tonic do que tanto ouira falar, pero...De todos os xeitos, dicir que este foi o mellor té con leite que lembro ter tomado.

* piña colada. Síntoo... pero non gosto do coco. Así que tan só probei este primeiro sobremesa, do que apenas podo dicir nada salvo que os demais comensais deron boa conta del.

Despois das impresionantes milfollas das que xa fixen mención, trufas de chocolate e mini-oreo acompañaron ó café que puxo fin á xantanza. Como podedes supoñer, foi toda unha experiencia gastronómica. E non só polos pratos en si, senón por toda a dedicación coa que sentimos que os profesionais de A Estación prepararon a nosa visita.

Amigos blogogastrónomos (ou blogastrónomos, como vos queirades chamar), vémonos na seguinte. ¡Qué bo compartir experiencias coma esta con vós!
Comentarios (1) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 09-07-2007 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzarote

Aínda non sei moi ben como conseguimos facernos cuns días libres para irnos de vacacións a Lanzarote. Ó ter que deixar o traballo ó día (e algunha que outra cousa máis polo que puidera pasar...) antes de ir, e recuperar o tempo perdido ó voltar, deixei isto un tanto abandonado. Pero, a cambio, parte das vacacións as adiquei a buscar algún de bar de pinchos na illa, cousa que lamentabelmente non conseguín.

E conste, que non foi porque non fixeramos traballo de campo de abondo; porque, descartadas as zonas de praia (aínda que nun bar de Puerto del Carmen nos puxeron uns manises cunhas cañas de Estrella Galicia que nos pareceu todo un detalle) a única posibilidade de ter éxito era facer incursións nos pobos do interior da illa. Pero tampouco houbo sorte. O máis parecido a un pincho que atopamos foi o que vedes na fotografía.

Tratase da degustación dos viños que probamos en El Grifo, unha das máis antigas adegas de Lanzarote, nas que visitamos un Museo do Viño que nos sorprendeu agradabelmente. Por cinco euros por persoa, a entrada ó Museo incluía a posibilidade de degustar cinco dos viños da bodega (tamén hai unha entrada máis económica a tres euros e unha degustación) que nos pareceu unha boa opción. E a nosa sorpresa foi cando ó lado dos viños nos serviron nun prato de madeira cun queixo fresco de cabuxa do país e un chisco de pan torrado.

Como dicía, o máis parecido a un pincho que atopamos.
Comentarios (1) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 02-07-2007 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal