De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La Piedra
Non é un sitio que frecuente, pero o outro día acabei a noite tomando un gin-tonic na terraciña de La Piedra, e cal non foi a miña sorpresa cando nos puxeron, ademáis duns manises dos que demos boa conta, un pincho de pan con aceite e xamón. Ás dúas e pico da mañán, e ainda que un veña dunha boa cea (como era o caso) é de agradecer.

Pero non por eso deixa de chamarme a atención. Cando a maior parte dos bares non acompañan a consumición con nada, cando moitos outros só se deciden polos manises ou as patatillas, que a unha hora á que xa un non espera nada lle poñan pan con xamón é toda unha sorpresa que merece un lugar neste blog.

E iso, pese a que La Piedra non é un dos meus locais preferidos; entre outras cousas, porque debe ser o máis desordenado do mundo: non sei se é porque non teñen almacén, ou directamente por comodidade, pero é moi normal atopar caixas de leite, café, ou calquera outra cousa polas esquinas. Eso é o peor de todo, por incómodo e incomprensible.

O mellor: ese pincho a deshora.



Rúa Eduardo Pondal nº82. Pontevedra.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 11-07-2006 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Casa Susa
A Casa Susa é difícil chegar casualmente, está perto do Mosteiro de Poio, pero alonxada do vial que une Pontevedra e Sanxenxo, é preciso desviarse polas "pistas" do lugar para chegar alí.

E non é un bar. Está adicada sobre todo ó servizo de comidas, case sempre por encarga, aproveitando non só o seu pequeno comedor, senon os dous "reservados" dos que dispón. Hei de decir que nunca estiven xantando ou ceando en Casa Susa, así que pouco podo decir da súa cociña.

Pero como teño familiares que viven perto, e como ten unha eira pouco barulleira, Casa Susa paréceme unha boa opción para tomar algo relaxadamente. Estiven un domingo fai quince días, e de pincho había mexillóns en vinagreta, pero teño a idea de que en algúnha ocasión nos puxeron tamén callos.

O peor do local é que se están moi agobiados cos xantares ou ceas poden esquecerse de poñer o pincho.


Avda. Doctor Martínez nº16. O Muiño. San Xoan de Poio.
Situación
Comentarios (5) - Categoría PO.Poio - Publicado o 08-07-2006 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ferruxe
Hei de dicir que se entrei no Ferruxe foi porque me chamou á atención a súa decoración: ferro oxidado, como o seu nome indica, e as mesas que ó igual co chan, teñen a superficie de vidro. Isto permite observar a area que se atopa debaixo (fixádevos na foto), e no caso do chan outros obxectos do mar. É coma andar por riba da praia. Foi unha mágoa non estar pola noite, porque cunha axeitada iluminación seguramente sexa un local máis fermoso. Como está en pleno pobo de Corrubedo, a verdade é que chama a atención pola súa orixinalidade e modernidade.

O pincho que nos puxeron non foi para tolear, pero non estaba mal: macarróns con tomate e salchichas. Quentiño e abundante, é bo para que a cervexa sente ben no corpo.

O mellor, ademáis da decoración, sería sen dubida a súa terraza con vistas ó mar, e ás famosas Dunas de Corrubedo.


Rúa do Porto nº2. Corrubedo. Riveira.
Situación
Comentarios (18) - Categoría AC.Riveira - Publicado o 06-07-2006 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Casa do mar
É unha mágoa que tendo diante un pincho con tan boa pinta, e que resultou saber ainda mellor, fixese unha das peores fotos. Tedes que perdoar...

Nunha recente visita ó Barbanza, e seguindo case ó pé da letra as indicacións de un Gourmet de Provincias, estiven en Corrubedo. E como sempre gostei dos bares das lonxas e portos, a miña primeira visita foi para a Casa do Mar.

Hai sitios nos que un se sinte totalmente fora de lugar, como nunha festa na qué so coñeces á persoa que te invita; e así me sentín eu dalgún xeito, porque era evidente que todos os clientes eran coñecidos, se non amigos, entre sí. Pero a amabilidade da dona do bar, e o guiso mariñeiro (fideos con rodaballo, mexillóns e berberechos) que nos puxeron de pincho, fixeron que todo eso se esquecese.


Rúa Torreiro s/n. Corrubedo. Riveira.
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Riveira - Publicado o 03-07-2006 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal