De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

...en Cambre?
As miñas obrigacións laborais están ocupando o meu tempo nestas dúas últimas semanas de tal xeito que semella que teño isto un tanto abandonado. Pero espero que, a partires de hoxe, as cousas volvan ó seu rego, e lle poida adicar parte do meu tempo a Depinchos.

O Gourmet de Provincias convocou xa oficialmente a III Blogoxantanza, que comezará, tal como quedou instituído a vez anterior, co reencontro dos asistentes nun aperitivo previo. Esta vez, a visita será en A Estación de Cambre, localidade que visitarei (que eu lembre) por primeira vez.

¿Como vai isto dos pinchos en Cambre? ¿Coñece alguén un sitio interesante para que poidamos xuntarnos antes do xantar?
Comentarios (1) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 20-06-2007 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Punto y coma

Aínda que en ningunha das miñas anteriores visitas a Oviedo estivera nun bar que agasallara con pinchiño, pregunteille a uns amigos da cidade se fora casualidade, ou realmente esta non é unha tradición local. A resposta foi que non, ou que polo menos, non se daban conta de ningún no que o fixeran; iso si, que os pinchos de pago da maior parte dos bares eran a moi prezo, cousa que xa puidera comprobar.

De todos os xeitos, o sábado pola mañá, dando un paseo, demos có Punto y Coma. Pareceunos que nas mesas da terraza que todos os clientes tiñan diante un pratiño baleiro... así que todo parecía indicar que pese ó que nos dixeran, igual tiveramos a sorte de atopar un un bar onde si poñían un pinchiño.

Despois de quedar impresionados cun cartel de reservado nunha das pequenas mesas da terraza, entramos a un local grande e cheo de xente. Atopamos un pequeno oco na barra, pedimos a consumición, botámoslle unha ollada por enriba a La nueva España... e apareceu o camareiro con dous pratiños de arroz guisado con carne e champiñóns bastante bo.

Pero o mellor de todo foi que, un pouco despois, o mesmo camareiro volveu a vir, esta vez con dous bolos preñados, aínda quentiños, que eran morrer. Non dabamos crédito! Atopar nunha cidade sen tradición algunha de pinchos un bar así é toda unha sorte. E sendo de non fumadores coma iste, moito máis.


Rúa Suárez de la Riva nº5. Oviedo
Situación
Comentarios (2) - Categoría AS.Oviedo - Publicado o 10-06-2007 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
A taberna do Valeco

O venres 1 de xuño casaron en Oviedo Jaime e Montaña.

Aínda que a nosa intención era saír da casa cedo para xantar xa en Oviedo, as obligacións laborais fixeron que tiveramos que parar en Santiago, tirando así todos os nosos plans por terra.

Pasamos por Mondoñedo arredor da unha da tarde, e pareceunos unha boa hora para facer unha parada técnica na Taberna do Valeco, un clásico da zona que leva máis de 50 anos aberto ó público.

Sempre que nos coincide a parar alí Makeijan me conta a mesma historia, cando fai xa uns cantos anos parou alí cuns amigos tamén de camiño a Oviedo. Seica na barra había unhas bandexas cuns pinchos, que colleron un cando lle ofreceron, pero que, ó final, foron collendo confianza, e foron tirando das bandeixas ata o punto de deixalas case valeiras... cousa da que non se deron conta ate que chegou a hora de pagar.

Seica os da taberna tamén aprenderon algo, e agora os pinchos os serven de xeito individualizado ós clientes. Como vedes na foto, puxéronnos empanada de bacalao e pan con xamón, bo aperitivo do impresionante bocadillo tamén de xamón que nos pedimos para xantar.


Rúa Os Muiños nº6. Mondoñedo
Situación
Comentarios (3) - Categoría LU. Mondoñedo - Publicado o 05-06-2007 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal