De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Breixo

Para os que non o saiban: Barro tamén existe. E non só iso, senón que tamén neste concello, para moitos descoñecido, tamén hai algunha que outra posibilidade para tomar un pinchiño. Eso si: para ter esa oportunidade é necesario non cruzar o pobo pola autoestrada, como fai a maior parte da xente.

O Breixo é moi bo de atopar, pois está á beira da estrada de Pontevedra a Santiago de Compostela. É o típico bar de pobo, e facía bastante tempo que non ía por alí á hora do aperitivo.

Así que gustei moito de ver que non deixan pasar a oportunidade de atender ben ós seus clientes ofrecendo un pincho á hora do aperitivo. O da foto, é o que nos puxeron un domingo antes de xantar; pero o venres (esta vez sen cámara) tamén me cadrou a pasar por alí, e esta vez o pincho era de ourella. Ben boa por certo, aínda que a algún non lles guste...



Porráns nº4. Barro
Situación
Comentarios (3) - Categoría PO.Barro - Publicado o 06-05-2007 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xatome
Xatome A Cañiza (Pontevedra)
Ei de recoñecer que eu de A Cañiza non sei moitas cousas. Penso que só tiña parado a tomar un café de camiño cara a outro sitio nunha ocasión; así que o primeiro que me ven á cabeza cando se fala deste pobo é o seu xamón.

De camiño a un albergue de Arbo para a despedida de solteiros duns amigos, acordamos en facer unha parada técnica en A Cañiza para xantar algo. Como foi algo improvisado, ó chegar ó centro do pobo aparcamos o coche, e no primeiro bar que atopamos alí nos metemos.

Cal non foi a nosa sorpresa cando, ó pedir unhas cervexas, e mentras pensabamos que tomar, nos puxeron un pinchiño... de mexillóns! Que estaban bos, que conste, pero como que nos chamou un pouco a atención, pois non é precisamente un producto da zona.

Que do xamón igual están cheos, pensei eu despois...


Rúa Progreso nº80. A Cañiza
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.A Cañiza - Publicado o 01-05-2007 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal