De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Insuiña
Nunha visista-lóstrego a Vilagarcí­a, e para que vexades que, en canto podo, fago caso ás vosas suxerencias, tiven uns minutos para tomar algo no Insuiña. Venres pola tarde da primeira fin de semán de calor do ano, unha terraza espectacular, ¿alguén pode dar máis? Pois si, un bo pincho a base de chouriziño frito e patacas cunha salsa tipo ali-oli.
Este é o primeiro local de pinchos que coñecín en Vilagarcí­a, fai xa uns anos, e agradoume comprobar que non perdeu en calidade.

O mellor que atopei no local, por raro que pareza non foron os seus bos pinchos, senón unhas fotografí­as impresionantes de mariñeiros apañando chapapote do Prestige. É bon ter memoria.

O peor: que a xente cando "pilla" sitio na terraza non a solta (e non é de extrañar: na de enfrente poñían manises...).


Rúa da Baldosa nº6. Vilagarcí­a de Arousa.
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 30-05-2006 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón Cabana
Debo recoñecer que é un local que tiña totalmente esquecido, iso que despois de estar alí lembrei que un estivera xa un domingo fai tempo, e que me puxeran un bo pincho de callos. Pero a empanada de zorza do outro día non ten nada que envidiar a nada; sobre todo, porque era caseira, de panadería, e non tipo "confitería", como agora parece estar de moda na maior parte das partes. Ademáis, o feito de ser ben abundante é un punto máis ó seu favor.

O mellor: esa empanada de zorza, non me podo cansar de repetilo.

O peor: o que me costou atopar o nome da rúa para poñelo no blog.


Rúa Doctor Fermín García nº5. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 27-05-2006 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cibeles
Outro clásico, que non sei ben por qué relaciono coa ensaladilla, ainda que había ben de anos que non entraba neste sitio. Así que non teño moi claro se é un recordo real, ou non.

Eu fun á hora de xantar; ou sexa, cando xa case todo o mundo estaba xa nas súas casiñas, así que cheguei un pouco tarde. Ainda así, non houbo queixa: "trisquis", olivas, mexillóns en escabeche (moi bos por certo), e un "segundo prato" a base de pan con xamón. ¿Quen chega así a xantar á casa á súa hora?

O mellor: ese segundo pincho, máis ou menos a metade de consumición.

O peor: as olivas, sen oso, ben cativas. Desmerecen ó resto dos pinchos.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 25-05-2006 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Senra
Local recén aberto na Praza de Galicia de Santiago, onde poñen o pincho máis espectacular que vin en anos, penso...: un pinchiño de tortilla, e ¡unha pequena espetada de polo!. E por se iso non fose xa bastante bo (xa lles gustaría a outros...), un chisco despois ensaladilla caseira. ¿Pódese pedir algo máis? Decoración moderna pero sobria, vaixela de deseño; ou sexa, que ó igual que todo o que ten que ver coa gastronomía, o mundo dos pinchos tamén evoluciona. O mellor: a chegada do "deseño" ós pinchos.

Foi tanto o que me chamou á atención este local, que xusto agora non se me ocurre nada negativo que dicir; ainda que sei de sobra que algo haberá que se poida mellorar.

ACTUALIZACIÓN: Polos vosos comentarios vexo que este sitio cambiou "de política", o cal, evidentemente é unha mágoa. Síntoo moito.




Rúa da Senra nº4. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (7) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 24-05-2006 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Restaurante Xantares
Non sei se leva ou non aberto moito tempo, pero para min é un descubrimento recente. En plena Rúa do Franco, onde é ben doado saír do paso con calquera cousa dado a cantidade de xente que a diario pode visitar o local, aquí moléstanse tamén en quedar ben co cliente: olivas e mexillóns en escabeche para empezar, e un pouco despois, outra tapa máis. A min tocoume lacón cocido, ós do lado un arroz "tres delicias".

A súa situación, camiño da catedral, é á vez o mellor e o peor deste local: é fácil de atopar... pero tamén de que se encha de xente.


Rúa do Franco nº40. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 22-05-2006 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal