De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Las cinco vigas
A Rúa da Cruz merecería, ó igual que a Rúa Nova, un capítulo especial, pois en case todos os baixos desta pequena podemos atopar un bar. Así que é unha opción bárbara para un día de chuiva ou de moito frío, e con poucas ganas de andar...

Este é un local dos de sempre, con moita madeira vella i ennegrecida que o fai un pouco oscuro quizais; pero tanto ten. Fixemos caso da camareira que nos dixo que dos pinchos de barra a tortilla estaba recén feita (e moi boa tamén), e probamos tamén as patacas fritas con pementos. Ademáis (¡qué bonito costume!, non me fartarei de decilo) ofrecéronnos tamén pinchos de cociña, dos que escollemos callos e ourella.

Por certo, que ó saír, atopamos nuns carteis que anunciaban algo así como "A vinganza do porco, ceas veganas". Mirámonos, non sentimos ningún remordemento polas delicias de porco que viñamos de catar, e dirixímonos tranquilamente ó seguinte local.


Rúa da Cruz nº5. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-04-2007 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cervecería A fábrica
Esta é unha boa opción, por exemplo, para rematar unha noite polos viños de Lugo, pois se un anda aínda con fame (o cal non é moi doado), ten unha boa parte do local adicado a restaurante.

Nos pinchos fríos, decidimos probar a salchicha con pementos, e, como en tantos outros, ese lacón que tan espectacularmente preparan en Lugo. Pero non só neste local, senón na maior parte dos bares. De feito, só dende hai relativamente poucos anos se serve o lacón frío fora dalí. Unha delicia. En canto ós pinchos de cociña: ensalada de polbo, albóndiga e costela guisada.

A pesares de ser unha cervexería, neste local hai tamén unha certa variedade de viños para elexir con que acompañar... os pinchos. Porque en Lugo ás veces semella que é a bebida a que acompaña ós pinchos, e non ó revés...

O mellor de todo foi que cando saiamos dalí, case ás doce da noite, aínda seguían ofrecendo pinchos de cociña. Eso sí que penso que non o vira nunca... nen sequera en Lugo.


Rúa Nova nº15. Lugo
Situación
Comentarios (5) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 07-04-2007 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal