De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Aniversario

Levo varios días dándolle voltas a como celebrar este día tan importante: hoxe fai un ano que botou a andar Depinchos, cun artigo do que por aquel entonces era o meu bar de cabeceira para tomar o aperitivo, o finado México (hoxe mesmo, por un comentario souben que tamén nos deixou o Malawe).

Esto nunca tería sido posíbel sen Makeijan. Como os meus coñecementos de informática son moi básicos, sen a súa axuda nunca tería sido capaz de facer todo isto. Axuda, non so para as cuestións técnicas, senón tamén no que a traballo de campo se refire; penso que case todos os bares que aquí apareceron os visitamos xuntos.

A cousa empezou case coma un xogo. Fai xa bastantes anos que empecei a escoller as miñas visitas ós bares en función do pincho que poñían. Como non podía ser doutro xeito, esta aficción miña empezou en Santiago de Compostela. Esporádicas visitas a Lugo ou León, e uns aniños pasados en Salamanca, fixeron o resto.

Pensei que me visitarían os meus amigos e coñecidos. A todos lles contei deste blog. Esperei (¡que inocente!) os seus cometarios como unha auga de maio que poucas veces chegou. A cambio, case non dou crédito cando vin que xente tan importante como Colineta ou Cocinalia se facían eco da existencia de Depinchos. ¡Non o podía crer! Empezaron a chegar as visitas, os comentarios, as referencias... e dalgún xeito, novos amigos.

A algúns deles, tiven a oportunidade de coñecelos físicamente cando Gourmet de Provincias argallou as blogoxantanzas. ¡Que honra recibir a sua invitación! A outros, so os coñezo polos comentarios que foron deixando, que me levaron á súa vez a visitar os seus blogs... Dalgún xeito, un costume tan antigo como ir de visita ás tabernas me levou a adentrarme no interesante mundo que se agocha detrás da rede.

So podo, pois, darvos a todos as grazas: porque agora xa sei que estades aí (ás veces, sorpréndome pensando que tal ou cal bar lle había gustar a calquera de vos); por aturarme todo este tempo; e, como non, por todos os comentarios, recomendacións e críticas que fóstedes deixando.

O dito meus amigos. Grazas, e espero que nos sigamos vendo de pinchos.
Comentarios (6) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 27-04-2007 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Bar Anda
Ou bar-anda, como reza o cartel da porta do bar, aínda que no que está colgado da parede aparece como título deste artigo. Un xogo de palabras, supoño.

Este é un clásico ó que imos sempre, aínda que é dos poucos nos que só poñen pincho frío, pero ese lacón frío do que nunca me cansarei de falar ben paga a pena. Como tamén entrar de cando en vez nestes bares de toda a vida, que dende sempre ofreceron un pequeno agasallo ós seus clientes en forma de pincho, e grazas ós cales a zona dos viños de Lugo se fixo coa inmellorábel fama que agora ten.

Nótase, de todos os xeitos, que estes sitios empezan a perder clientela por non modernizarse, pois a verdade é que hai diferencia na cantidade de xente que e atopa un nuns e noutros.

O prezo da consumición, todo hai que decido, tamén é algo inferior á de outros locais da zona; aínda que, todo hai que decilo, Lugo non é precisamente unha cidade cara para saír de viños... sobre todo, se temos en conta a calidade dos seus pinchos.


Rúa da Cruz nº7.
Situación
Comentarios (0) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 25-04-2007 06:02
# Ligazón permanente a este artigo
en Palas de Rei?
Aproveitando a vindeira ponte (e un agasallo de Reises aínda pendente) vou a pasar dous ou tres días en Palas de Rei e os seus arredores. A idea é pasar dúas noites nunha casa de turismo rural en Palas, e dende aí, aproveitar para coñecer un pouco máis esa zona, pola que sempre pasei de longo, camiño doutros lares.

Tendo en conta que se atopa na provincia de Lugo, tan axeitada para isto dos pinchos, espero que a cousa non teña queixa, pero como non teño nin idea de a onde ir, agradecería as vosas suxerencias. Xa postos, co nome da rúa, ou algunha outra referencia para que os bares me resulten bos de atopar. Se non é moito pedir...

Tamén me serven suxerencias de poboacións cercanas, ou que queden de camiño, que nunca se sabe onde pode estar o bo pincho. Por certo, eu vou dende Pontevedra.

Vémonos de pinchos.
Comentarios (1) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 21-04-2007 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cafetería Aguas Blancas
Tamén por recomendación de Laconada, o outro día cando andivemos por Vigo fixemos unha visita á Cafetería Aguas blancas, na zona dos Choróns.

Tal como nos dixera, non é un local cunha apariencia moi atractiva: decoración setenteira, e unha distribución en tres niveles bastante curiosa, cunha pranta inferior e outra superior con mesas, e no medio a barra, baixiña nunha parte. Se non fose pola súa recomendación, de seguro que non teriamos entrado.

Seica é habitual que agasallen ós clientes cun pincho xeitoso: pan e queixo ou embutidos cando non teñen ganas (ou tempo) de cociñar; e se hai sorte, algo quente tipo revoltos ou guisos. O día que estivemos nós, puxéronnos unha croqueta para cada un, e patacas fritas con chourizo. Non houbo queixa, non señor.



Rúa Travesía de Vigo nº6. Vigo
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Vigo - Publicado o 17-04-2007 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
La bola de cristal
Apenas uns días antes de que o amigo Vivelo me deixara a súa recomendación, estivera eu xa tomando unha caña neste novo local.

E digo novo, pois aínda que está nun sitio adicado ó mesmo dende hai un certo tempo (non lembro como se chamaba pero se non me engano antes os sábados pola mañá poñían callos de pincho), penso que houbo un cambio de donos fai non moito tempo. O nome que agora ten faime supoñer que os que o levan son dos que medraron vendo o mítico programa do mesmo nome na tele os sábados pola mañán...

Igual por iso é un bar de xente nova; pero que non renuncia ó pracer dun bo acompañamento para as bebidas. Como xa adiantou Vivelo: patacas fritas con dúas salsas, unha picante, e outra tipo ali-oli. O mellor, que esas patacas son de verdade, picadas en dadiños, e non das que xa veñen conxeladas. Un bo detalle, co que espero que agora que chega o bo tempo agasallen tamén na pequena terraza que poñen ó final da Praza de Curros Enríquez, e non copien ós que dentro poñen un bo pincho, e fora olivas ou patatillas.


Rúa Don Gonzalo nº2. Pontevedra
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 14-04-2007 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal