De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Mesón A ceifa
Este é un local atopado por casualidade, mentres facía uns recados, pois ainda que é bastante céntrico, non está nas rutas habituais de tendas ou paseo.

Como o seu propio nome indica, adícase a servir comidas, pero precisamente por iso é outro dos bares de Pontevedra onde poñen pincho de cociña; moitas veces, directamente relacionado con algún dos pratos do menú do día. Así que para os que queiran camiñar un pouquiño máis, esta é unha boa opción.

O mellor do local é ese pincho de cociña que vos comentaba.

O peor, penso que o fume e cheiro a tabaco, coido que é un local non moi ben acondicionado neste aspecto, e hai días nos que se nota, sobre todo cando hai moita xente.



Rúa Rosalía de Castro nº38. Pontevedra


Pechou a mediados de 2006; no seu lugar, agora hai unha nova cafetería, que pertence a unha franquicia.
Situación
Comentarios (0) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 12-03-2007 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
H2O
Non sei porqué tiña eu a idea de que este era un bar de copas (igual é dos reconvertibeis, non o sei), pero ó pasar por alí sobor a iso das nove da noite e ver que estaba ata as ourellas, non nos quedou maís remedio que facernos un oco o fondo do local, e ter así a oportunidade de tomar un pincho realmente bo: pan con xamón.

¿Quen se pode resistir a algo así? Vale, xa sei que agora haberá algúen como co da empanada, que non lle guste o xamón; pero sinceiramente, eu non o podo entender.

A importancia que no H2O lle dan ó pincho ben impresa incluso nas servilletas de papel: "en este bar la tapa tiene un nombre: nosolopan". E de certo, non era só pan o que nos puxeron. Só de lembralo xa me entran as ganas de voltar por alí... e iso, aínda a risco de ter que pelexarme co resto dos clientes para ter un oco onde meterme.



Rúa Zaparerías nº14. León
Situación
Comentarios (0) - Categoría LE.León - Publicado o 10-03-2007 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Latino
Na Praza de San Martín, case todos os baixos están adicados á hostelería. Entre bares e restaurantes (e un caixeiro, se non lembro mal, para repoñer fondos...) aquelo é unha festa pora alguén tan afeccionado ó mundo do "chiquiteo" (aínda que ó final me decida case sempre polos cortos de cervexa, que se non esto pode ser moi malo para as transaminasas)coma min...

O Latino é un dos bares desta praza. Os meus acompañantes pediron mentras eu falaba por teléfono; así que non sei se nos ofreceron algo máis (aínda que supoño que non) que o que aparece na fotografía: polo frito, calamares guisados e patacas ali-oli.

Pola cantidade de xente que había, vese que é un local que goza das simpatías dos leoneses; ó que pode que axude o feito que neste bar tamén se pode pedir unhas racións.

Para rematar, dicir que o Latino é un local multi-usos, xa que pola noite, cando consiguen que a xente deixe de tomar viños e pinchos, reconvírtese en local de copas, e cando cadra, nunha improvisada pista de baile para os afeccionados ós bailes latinos.


Plaza de San Martín nº10. León
Situación
Comentarios (1) - Categoría LE.León - Publicado o 08-03-2007 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
La taberna
La taberna é xusto iso, unha pequena taberna de toda a vida en pleno Húmedo; pero cunha diferencia importante cos demáis bares da zona, i é que ó ser un local especilizado en peixes, e sobre todo mariscos, que serven por ración, os pinchos tamén van por ese camiño (vese que non só de cecina vive o leonés...). Desta volta, puxéronnos calamares, pero noutras ocasións temos tomado unha gambas cocidas bastante xeitosas como aperitivo.

Como facía frío, acordamos en pedir uns viños (alí chamados de la tierra, e non do país); e chamounos a atención que o viño branco o puxeran en copa de cava; igual era porque estabamos no Nadal, ou igual é un costume que teñen, non o sei...

Tamén nos chamou á atención ver no estante dos licores unha botella dun afamado licor checo que fai as delicias da nos amiga de ese país, á que íamos a recoller nunhas horas na estación de autobuses, o becherovka.


La rúa nº19. Léon
Situación
Comentarios (1) - Categoría LE.León - Publicado o 04-03-2007 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal