De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Fórum Gastronómico 08: Cata de Aceites DOP Catalunya

Aínda que teño feito algunha que outra degustación de aceites, nunca asistira a unha cata como tal, así que esta foi unha interesante experiencia na que aprendín bastantes cousas.

Como por exemplo, que a cor do aceite non é importante de cara a determinar a súa calidade, cuestión esta que respostou á miña sorpresa ó atoparme na mesa con cinco vasiños redondeados de cor azul,cada un cuberto cun pequeno cristal.

Tamén, que para poder apreciar as súas excelencias, debe estar a unha temperatura de uns 28º, de aí que antes de catar cada un dos aceites tiveramos que quentar cada vasiño na man mentras o remexiamos para que saísen todos os aromas.

Que as fases da cata do aceite son tres: olfativa, gustativa e retronasal. E que cando nun aceite nos chaman a atención ós sabores amargo e picante, quere dicir que é rico en polifenoles, indicio de que é máis beneficioso para a nosa saúde.

E que para cambiar o saber dun a outro aceite o mellor é darlle unha boa chantada a unha mazá e enxugar a boca cun traquiño de auga.

En Catalunya hai cinco deominacións de orixe protexidas de aceite de oliva: Les Garrigues, Siurana, Terra Alta, Empordá e Baix ebre-montsià.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 16-02-2008 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela


Aínda que hoxe ten lugar a cea de Inauguración do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela, este abrirá as súas portas ó público mañá 18 de febreiro ás dez horas, e alí estarei!

Todo o tempo que as miñas obrigas profesionais (a ate familiares diría eu...) me deixen libre ate o vindeiro mércores 20, día da clausura, andarei por alí, e farei todo o posíbel por aproveitar ben o tempo. Aínda que se sae un pouco do contido habitual de De Pinchos, penso que pode ser interesante o que alí aconteza, así que intentarei ir contando aquí as miñas experiencias nun foro que semella vai ser tan interesante para os afeccionados á gastronomía.

Ademais, e se non hai cambios de última hora vou a ter o privilexio de ser un dos xurados do I Concurso de Pulpeiras que terá lugar mañá sábado. Algo que se ben me fai moita ilusión, tamén me ten a estas horas en tensión pensando se estarei á altura de xente como Marcelo Tejedor, Mercedes Rodríguez, Xurxo Fernández, Pep Palau e Miguel Vila,que serán os meus compañeiros nesa tarefa de tanta responsabilidade.

Ó meu estado de nerviosismo contribuíu unha conversa desta tarde coa miña curmán Teba, que me preguntou se isto era como nas catas de viños: que o que hai que probar métese na boca, mastigase un pouco, saboréase... e cúspese ó final.

Deus non o queira, pensei!
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 15-02-2008 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Blogogastrónomos en A Nosa Terra
Coa excusa do Encontro de Bloggers Enogastronómicos que terá lugar o vindeiro día 18 de febreiro no seno do Forum Gastronómico de Santiago de Compostela, en A Nosa Terra fixeron unha pequena reportaxe sobre todas estas cuestións das que sempre andamos a falar.

Tiven a oportunidade de compatir experiencias unha vez máis cos autores de Pantagruel Supongo, Capítulo O, Colineta e Gourmet de Provincias. No vídeo tedes un pequeno resumo de todo o que alí se falou:


A nova tamén a podedes ver directamente en A Nosa Terra.


E de aproveitar, como non, para dar as grazas ós de A Nosa Terra por nombrar a De pinchos o blog do día 17 de xaneiro de 2008.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 12-02-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Furancho

O outro día, e para poñer fin á unha xornada do curso de poda de viña que estou seguindo co meu pai (el é o mestre, non é que vaiamos xuntos a un curso), fomos a ver unhas parras xa rematadas de podar en Ribadumia, para que eu as vise e puidera comprobar a diferencia entre unhas cepas máis vellas (como son as nosas) e unha nova plantación.

A casualidade quixo que as parras en cuestión estiveran ó ladiño dun furancho, así que con Makeijan tamén unido á excursión, e un amigo do meu pai co que coincidimos á entrada, entramos a tomar uns viños.

Aínda que estabamos en xaneiro, os deuses fixeron que o sol brillase, o ceo estivera completamente azul, e que o furancho en cuestión tivera unha terraciña abrigada do vento na que acampamos.

Non cheguei a entrar, así que non sei se venden algunha outra bebida, máis eu só vin servir viño. De feito, a camareira non paraba de saír da bodega cunhas xerriñas que eu lle calculo como de medio litro, pois daba para catro-cinco viños xeitosos.

O albariño estaba bastante bo; sobre todo, se temos en conta a baixa calidade do viño que poñen a miúdo en moitos destes establecementos, que non en todos (non me veñan agora a bater todos os furancheiros do mundo...). E o pincho que ía caendo con cada unha das tres xerras que nos baixamos axudou o seu a que o viño soubese ben. O primeiro, de xamón e chourizo; o terceiro, peituga de polo empanada en taquiños; e o segundo, que se ve que é o pincho estrela do furancho, unhas luras recén fritidas.

Prezo: 5 euros xerra de albariño e o seu correspondente pincho.

Como descoñezo a normativa de Ribadumia en canto ós furanchos se refire, e para evitar problemas innecesarios, prefiro non dar o nome do sitio, máis calquera que se achegue por alí, a nada que lle pregunte a un parroquiano, o ha de atopar sen problemas.
Comentarios (1) - Categoría PO.Ribadumia - Publicado o 10-02-2008 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
La bodeguilla

Se na noite do sábado andiveramos pola zona vella da cidade, o domingo pola mañá demos unha volta pola parte nova de Ponferrada. A procura dun determinado xornal, e aproveitar o sol dunha mañá de outubro foron as escusas que nos levaron ate a nosa primeira parada en La Bodeguilla.

O pincho foi ben xeitoso: pan con tomate e xamón cunha pinguiña de aceite e o seu toque de allo. Máis non era este o único que servían, xa que vimos como a outros clientes lles poñían unha tapiña de arroz servido en taza de café, ou queixo máis olivas. Como estabamos un pouco afastados da barra, e non é un local pequeno, non cheguei a saber se servían os pinchos en función da bebida (como xa teño visto algunha vez), ou dun xeito totalmente aleatorio.

Prezo? Non o lembro, eramos seis e non era eu quen levaba o bote, así que non podo dicilo; aínda que non lembro ningún comentario relativo ó desorbitado do mesmo.

O local estaba cheo: non sei se pola relación calidade-prezo, polo pincho, ou porque se atopa nunha rúa peonil chea de bares coas súas respectivas terrazas.

Praza Fernando Miranda nº5. Ponferrada
Situación
Comentarios (0) - Categoría LE.Ponferrada - Publicado o 06-02-2008 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal