De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Catoira: Casa Emilio

Non lembraría a película "O cazador de soños", se non fose porque había unha lamprea xigante que ía por aí papando nos protagonistas. Polo menos, esa é a idea que teño do filme en cuestión. Así que cada vez que vexo unha destas viva con esa boca tan chea de dentes que ten, dou grazas porque un cristal se interpoña entre nós. Porque sempre se di aquilo de "...que fame debía ter o primeiro que comeu unha centola". Pero, que decides da lamprea? E fea de raio!

Pero parece que un bo gastrónomo (e se é galego con máis razón) non é tal se non se enfronta de cando en vez a un animaliño destes. Os blogogastrónomos non podiamos ser menos, así que dando un xiro de 180º á nosa traxectoria anterior, esta V Xantanza decidimos celebrala arredor dunha lamprea. De feito, a data veu dada polo ingrediente principal da xantanza máis que polas nosas axendas; polo que foi unha pena que moitos dos nosos compañeiros non puidesen asistir. Pero coa lamprea, que só se come nos primeiros meses do ano, non se xoga!

O restaurante elixido foi un deses de toda a vida, Casa Emilio, en Catoira, ben coñecido na zona pola boa preparación que fan deste peixe, como puidemos comprobar. Pero antes, metémonos entre peito e costas un salpicón de marisco (do que eu tería prescindido dada a contundencia do prato principal, e porque foi o que menos me gustou do menú) e unhas cigalas á prancha (que estaban realmente boas). Sobremesa a elixir (eu tomei unhas fresas con zume de laranxa), viños Martín Códax e Pesquera, augas, cafés e algún que outro licor café completaron a cousa. Todo isto, por un prezo pactado que, ó descoñecer cal é o de carta do restaurante, prefiro non dar. Pero ben sabido é que nin unhas cigalas á prancha como as que tomamos, nin a lamprea, son precisamente baratos.

Esquecíame dicir que o prato estrela estaba moi (moi) bo. Avalan a miña opinión Gourmet, Sole, Magago ou Makeijan; aínda que estou esperando coñecer a opinión de Pantagruel, que, por raro que poida parecer, nunca probara a lamprea (menos mal que lle puxemos remedio...)


Praza Dr. José R. Vázquez 1-Estación. Catoira
Situación
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 28-02-2008 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón A Rúa

Non lembro agora ben se son amigos ou parentes de César e Chus, pero os donos do Mesón A Rúa (non sei que lles dirían de nós, pero é evidente que falaron demasiado ben de nós) quixeron que pasásemos polo seu bar para invitarnos a tomar un viño. E aló nos fomos, facendo así outra parada técnica antes de chegar ó restaurante da xantanza. Eu, feliz de coñecer un novo sitio onde tomar un pinchiño; pero non sen sentir certo reparo por ter recibido un trato tan especial sen ter feito nada para merecelo. Pero unha cousa é evidente: temos sorte de ter entre nós a dúas personas como César e Chus, tan queridos polos seus.

Apenas uns minutiños (Catoira é unha vila pequena) nos levou o paseo ate o Mesón A Rúa, onde deseguido apareceron o viño, unhas olivas... e tamén uns mexillóns en salsa e empanada. Un bo pincho, como podedes comprobar, que acompañou perfectamente ó Ribeiro caseiro que nos serviron.

A estas alturas, facíase evidente que esta ía ser outra xornada inesquecíbel para os blogogastrónomos... e iso, que aínda non empezara a xantanza propiamente dita!


Rúa da Estación nº18. Catoira
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Catoira - Publicado o 25-02-2008 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Taberna Vikinga

Onte, 23 de febreiro tivo lugar a V Xantanza dos Blogogastrónomos galegos (da que falarei en breve), e como xa é habitual, antes de xantar reunímonos para saudarnos e tomar o aperitivo. Desta volta, foron Chus e César os que organizaron (e dun xeito magnífico) todo o día: aperitivo, xantanza e, e gin tonic fin de festa.

Con este nome, a Taberna Vikinga só pode estar nun sitio: en Catoira. Como Makeijan e máis eu non coñeciamos as Torres do Oeste, fixemos primeiro unha visita rápida ás mesmas, para dirixirnos despois ó encontro dos outros asistentes á xantanza.

Vese que os nosos anfitrións son amigos da casa, pois, nada máis chegar, os donos permitíronnos entrar na cociña a ver o rape máis grande que viramos na nosa vida, duns vintetantos (non lembro cantos) quilos de peso, e unha boca enorme chea de dentes! Espectacular exemplar,que non quixera eu terme atopado noutras circunstancias...

Pero indo ó que importa, o da fotografía é só un dos pinchos que nos puxeron coa botella de Ribeiro que xa pediran cando nós chegamos: unha carne asada con patacas fritas moi boa, pero nada sorprendente despois de saír dunha cociña onde cheiraba tan ben. Un pouco despois, ofrecéronnos raxo adobado, e os primeiros en chegar seica tamén tiveron a oportunidade de probar un revolto de setas, se non lembro mal.

Do prezo non podo falar: foron César e Chus os que invitaron ó aperitivo.


Rúa do Concello 9. Catoira
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Catoira - Publicado o 24-02-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico 08: René Redzepi

Como isto non me da de comer, as obrigas laborais ineludíbeis fixeron que o luns chegara ó Fórum a media mañá; pero aínda a tempo de ver completo o relatorio deste cociñeiro danés, chef do restaurante Noma de Copenague que descoñecía por completo, e que comezou a súa charla reivindicando a importancia non só das hortalizas e verduras en xeral, senón das herbas e prantas salvaxes en particular. Así que, como é fácil supoñer, centrouse nos vexetais como ingredientes principais dos oito pratos que preparou ante nós case na súa totalidade.

Elementos que estamos afeitos a ver como guarnición, como poden ser a remolacha ou a cebola convertéronse, sorprendentemente, no ingrediente principal dos pratos. E cando parecía que se trataba dunha cociña lixeira, apareceron as graxas animais (po de manteiga, ou tona con aceite, por exemplo) para darlle esa axuda para facer fronte ás frías temperaturas.

Máis a sorpresa fundamental para min foi a utilización de cinza ou incluso humus (mezclado con mate, se non lembro mal) en algúns dos pratos. O máis espectacular, alomenos en aparencia, foi o que vedes na fotografía: René Redzepi trataba de explicar o concepto de terroir que sempre relacionamos co viño. Sobre unha pedra (ó principio chamoume a atención, pero logo pensei que aquí estamos afeitos a utilizar a lousa como prato), intentou representar unha plantación de verdudas, e penso que o conseguiu. O meu inglés non é moi bo, e nin me dei conta de coller na entrada un tradutor simultáneo, pero mentres preparaba este prato, René Redzepi conseguiu, dalgún xeito, emocionarme coa súa cociña do sol da media-noite.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 21-02-2008 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico 08: Cociña económica de Mofa e Befa
E o domingo rematou coa actuación de Mofa e Befa, para poñer fin así ó Fórum para o público en xeral. Non sei se foi o cansazo, ou que xa vira parte do espectáculo, pero a verdade é que non gocei del tanto como pensaba, aínda que polas risas do público parece que a xente o pasou moi ben.

Penso que foi un gran acerto por parte dos organizadores abrir a feira ó público en xeral, que puido así achegarse ás últimas novidades no que a cociña e viño se refire. E así, tratar de entender un pouco máis todo este mundo.

De feito, foi moita a xente que, dende as primeiras horas do sábado, se foi achegando ate o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela non só para visitar os distintos expositores, senón tamén para participar nas catas e talleres que se desenrolaron durante eses dous días.

Seguro que, se como todo o fai supoñer, hai un Fórum 2010, estas xornadas abertas ó público en xeral serán de novo todo un éxito.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 21-02-2008 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal