| Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Cervecería Imperial |
|
 ¿Pero quen dixo que en Vigo non poñían pincho nos bares? Nada máis lonxe da realidade; sobre todo, se da Cervecería Imperial se trata.
Chegamos até alí (na zona dos Choróns)guiados, en primeiro lugar, por unha recomendación do pai de Makeijan; que non tardou en ser avalada por Laconada. Así que con semellantes antecedentes, a cousa prometía... ¡e cumpriu, vaia se cumpriu!
Pedimos un viño, e puxéronnos de pincho unhas lentellas nunha desas clásicas cuncas do Ribeiro coas que quedamos do máis contentos; pero cando aínda non acabaramos as lentellas, chegaron uns cachiños de empanada. Como é lóxico, sentímonos obridos a tomar outro viño... e unha vez máis chegaron os dous pinchos de rigor: o primeiro, un cachiño de tortilla e outro de polo frito; e o segundo, patacas fritas con chourizo. Menuda festa, nun so local... digno de lugares tan míticos nesto dos pinchos como Lugo, por exemplo.
Como podedes supoñer, un sábado á hora de xantar, o bar estaba de bote en bote; de feito, nos case non tiñamos sitio na barra, e as mesas do local (non moitas, iso é certo) estaban todas ocupadas.
¡Qué máis decir! Que foi un primeiro contacto cos pinchos en Vigo realmente inmellorábel.
Rúa Couto Piñeiro nº14. Vigo |
|
|
|
|
| El besugo |
|
 Esté é un bar dos de toda a vida, cheo de xente, e non precisamente da máis nova. Así que tendo en conta os bos pinchos que dan nos bares do Húmedo, non é unha mala referencia. Penso que faría as delicias dun dos meus máis fieis seguidores, A Randeeira.
Ofrecéronnos mexillóns e chourizo con patacas. Eramos catro, e pedimos dous de cada... todo boísimo. Sobre todo, o chourizo guisado fixo as delicias de Sasa, a nosa amiga da República Checa á que lle encanta o chourizo, o xamón, a cecina... e á que recollemos en León xunto con Óscar para achegalos a Pontevedra, onde ían a pasar o fin de ano.
Hei de decir que, para eles, o "traballo de campo" resultou un tanto estresante ó principio: chegar, pedir, fotografiar, degustar... pero ó pouco tempo se fixeron coa mecánica do xogo como se nada. Vamos, que case nos gañan e todo. Moitas grazas por aguantarme, rapaces.
Rúa Azabachería nº10. León. |
|
|
|
|
| El gaucho |
|
 El Gaucho está nunha minúscula (decir pequena é moito) rúa do Barrio Húmedo de León; rúa na que, aínda así, hai non sei se tres ou catro bares... Este é famoso polas súas sopas de allo e as patacas con costela, os seus pinchos máis habituais. É un local vello, i en principio pouco atractivo, pero vale a pena non deixarse levar polas apariencias, i entrar a tomar algo nel.
Nós coñecémolo na visita que fixemos a León fai un par de anos, entramos por casualidade, e a nosa ledicia foi total cando nos ofreceron de pincho, entre outros que agora non lembro, unhas sopas de allo ben quentiñas coas que facer frente á nevada que se aveciñaba. De feito, naquela ocasión (era pola noite, i esta vez estivemos á hora do xantar) dérannos a posibildade de escoller entre varios pinchos. Cousa que esta vez non pasou.
Así que probamos o outro dos seus pinchos máis habituais, o de patacas con costela, que tampouco estaba nada mal. Na foto, vese o correspondente a catro persoas.
Rúa Azabachería nº1. León |
|
|
|
|
| La Rúa 11 |
|
 Penso que en ningunha das miñas visitas anteriores a León (cos seus preceptivos paseos polo Húmedo) tiña entrado neste bar. A verdade, é que en principio non resulta un local moi atractivo; pero era tarde, a opción que tiñamos para xantar non callou... e algo había que comer. Así que mentras buscabamos un sitio para tomar unhas tapas, fomos entrando nos bares que atopamos abertos... e nos que había xente, claro.
Este foi un deles, é a verdade é que non houbo queixa. Puxéronnos unha albóndiga a cada un, e unhas tiras de calamar frito. Pouco típico, se cadra, se temos en conta o que nos acostuman a poñer de tapa noutros bares da zona; pero supoño que os leoneses, que pasan por alí todos os días, estarán ate o gorro de chourizo, cecina, morcilla, queixo e similares, e terán tamén ganas de tomar algo distinto cando saen a tomar un viño. Ou, ó mellor, simplemente foi casualidade.
O seu nome, nada orixinal por certo, non deixa lugar a dúbidas sobre a súa ubicación, nunha das rúas de entrada ó Barrio Húmedo.
Rúa nº11. León |
|
|
|
|
| La tienda de Clara |
|
 Aínda que é un local no que se pode tomar unha boa caña de cervexa negra, por exemplo, e teñen unha interesante variedade de viños, non acostumo a pasar por La tienda de Clara. Non sei moi ben por qué, quizais porque sempre hai moita xente i é un pouco oscuro.
Un sábado á hora de xantar, nembargantes, esta foi a nosa derradeira parada antes de ir para a casiña. De pincho, un lombo bastante xeitoso. Vin como a outros clientes lles poñían unha tortilla con moi boa pinta, e supuxen que servían pinchos diferentes de modo máis ou menos aleatorio.
A miña sorpresa chegou un pouco máis tarde, cando nos puxeron tamén non aquela tortilla, senón un platiño de arroz con verduras bastante curioso. E digo curioso por bo, pois tiña coliflor, setas... e un toque de albahaca que o facía moi fresco e orixinal.
Unha curiosidade: La tienda de Clara recolle, dalgún xeito, esa tradición das antigas tendas de ultramarinos onde tamén se podía tomar un viño. Agora, a parte de tenda é un pequen delicatessen.
Rúa Cruz Gallástegui nº18. Pontevedra |
|
|
|
|
|
|
|
|
|