De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

O lagar de Platería

Non lembraba eu unha ponte de decembro con tan bo tempo coma o que tivemos este ano, así que aproveitando que estabamos pasando un par de días na illa da Toxa, un día á hora de xantar decidimos ir dando un paseo ate O Grove.

Seguindo os consellos do amigo Avelino, achegámonos ate a rúa Platería para tomar uns viños e picar algo, e a verdade é que foi unha sorte ter preguntado, pois penso que sós non teriamos chegado ate alí, aínda que O Grove non sexa demasiado grande.

O primeiro local que visitamos foi O Lagar da Platería, viñoteca e tapería. Sentamos na barra e pedimos uns viños, que as mesas parecían máis ben preparadas para os clientes que ían xantar. Coa consumición, ofrecéronnos para escoller entre tres pinchos diferentes, e non lembro agora se nos puxeron tamén uns manises ou unhas olivas primeiro; tedes que perdoar, pero fai tanto tempo que non escribía aquí, que ate perdera o costume de ir anotando as cousas.

Como o que nos cobraron, que tampouco lembro certo, pero teño a idea de que era pouco máis de dous euros por viño (Mencía e Rías Baixas).



Rúa Platería nº4. O Grove
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.O Grove - Publicado o 27-12-2011 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
Cunqueiro

As miñas obrigas laborais e familiares impídenme (moi ao meu pesar)sumarme ao homenaxe tabernario que dentro nun anaco terá lugar por diferentes cidades de Galicia (Santiago, A Coruña, Tui, Lugo) para celebrar o centenario de don Álvaro Cunqueiro.

Como dicía, eu hoxe non podo estar, pero si tiven a sorte de acudir á homenaxe previa que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Santiago de Compostela, onde disfrutamos dos pratos e dos textos do máxico escritor. Do que alí pasou xa contaron os amigos Pantagruel,Laconada, e o propio Manuel Gago, un dos organizadores do evento.

A falta dunha cunca de viño a man, o pincho daquel día, un delicioso capón á figueira con verduriñas.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 22-12-2011 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Guimarães

Seguro que moitos de vós coñecedes Guimarães, unha das vilas máis fermosas de Portugal, e que se atopa aproximadamente a unha hora de Valença do Miño (por autoestrada), o que a convirte nunha moi boa opción para pasar o día, ou unha relaxante fin de semana, como fixemos Makeijan e máis eu fai uns días.

Despois de pasar a noite nunha Pousada, en pleno centro histórico, o domingo pola mañá subimos ao Monte Latito, onde visitamos o Palacio dos Braganza, a capela de San Miguel e o Castelo de San Mamede.

De baixada, deixámonos levar polas pequenas rúas sen rumbo fixo, e facendo tempo antes do bacallau que tiñamos pensado xantar, fómonos fixando na cantidade de locais de hostalaría, que, como non pode ser doutro xeito, hai na parte antiga da cidade. Moitos deles, pequenos pero cunha decoración moderna que invitan a entrar.

Así foi como atopamos unha fermosa viñoteca, na que decidimos probar os viños da zona... aínda que non conseguimos que nos explicaran gran cousa sobre eles, todo hai que dicilo! Pero cal non foi a nosa sorpresa cando, pensando se deberiamos pedir algún petisco para acompañar o viño nos trouxeron estes figos.

Penso que pagamos algo máis de catro euros, un pouco caro para o que son os prezos alí, pero que nós pagamos ben contentos tendo en conta o petiscto que nos puxeran.
Comentarios (0) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 19-12-2011 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal