De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cata de gasosas, unha volta á nenez
Se hai unha bebida que se fai practicamente en cada localidade ou comarca de Galicia esa é a gasosa, o que nos indica sen lugar a dúbidas a popularidade deste refresco.

Nas miñas lembranzas da nenez está a González de Dios, gasosa que chegaba en caixas de doce, en botella de vidro retornábel. O distribuidor pasaba todas as semanas (non lembro xa o día, pero pode que fose os martes), e cando vía a caixa valeira diante do portal, paraba a repoñer, ate a seguinte vez.

Para os nenos, a gasosa era un premio. Para os maiores, un xeito normal de beber viño cando había moita moita sede sen perigo de embriagarse (sempre estaba presente nos traballos de campo aos que acudían a axudar os veciños, cando se poñían ou sacaban as patacas, na sega, na malla…)

Recoñezo que me sorprendeu comprobar como, co paso do tempo, a gasosa segue a ser unha bebida moi popular. Proba dilo é a cantidade de marcas diferentes que atopamos só en parte das provincias de Pontevedra e A Coruña e que nos serviron para facer a cata que podedes ver no video; cata na que tamén participaron Another Cow in the Corn, Laconada, O Viticólogo dos Bagos, La caja de los hilos e Capítulo O.

Non houbo unha gañadora, para min a mellor segue a ser a que me daba a miña avoa cando eu era pequena.

Para rematar, quero dar as gracias a Fernando e Adrián da viñoteca Bagos de Pontevedra, por deixarnos facer a cata no seu local. No que, por certo, despois aproveitamos para cear cos seus viños e tapas, como non podía ser doutro xeito.

Comentarios (1) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 28-12-2009 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
A taberna de Rey

Con isto de adaptarnos á nosa nova condición de pais, e que a maioría dos locais son de fumadores e non queremos ir co RM, a verdade é que saímos moi pouco a tomarlle algo por aí.

Fai uns días aproveitando que iamos xantar a Barro, deixamos ao pequeno coa avoa, e quedamos cuns amigos aos que había tempo que non viamos para tomar o aperitivo. E, como non podía ser doutro xeito, fomos ao local de moda (que nos pobos tamén os hai), que é A taberna de Rey, en Curro.

Para escoller o nome do local non se mataron moito: fai anos, neste mesmo sitio, o avó do actual dono xa tivera unha taberna. O apelido da familia é Rey, como se pode supoñer.

Non sei que poñen pola semana, pero os domingos o pincho é clásico: callos. E funciona, pois cando chegamos o local estaba ben cheo, e tivemos que esperar un bo pouco polo noso pincho, pois seica se lles acabaran os que tiñan listos e estaban a quentar máis. Pero pagou a pena esperar.

Se engadimos que os prezos son do máis razoábeis (por unha botella de mencía e unha clara pagamos menos de nove euros, está claro que hoxe por hoxe é a mello opción para o aperitivo en Barro. Iso si, se un vai preparado para quedar ben atufado a tabaco.



Fonte de Curro. Curro
Situación
Comentarios (4) - Categoría PO.Barro - Publicado o 08-12-2009 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal