De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cambados: Yayo Daporta
Foi en Cambados onde tivo lugar o domingo 12 de novembro a I Xuntanza Galega de Blogogastrónomos. Aí­nda que podía­ ter sido en calquera outro sitio, xa que se barallaron outras posibilidades.

Finalmente, fomos trece e non doce os asistentes; pero iso non foi ningún problema ó non ter ningún supersticioso (polo menos confeso) na mesa.

O xantar foi en Yayo Daporta, cociñeiro que se molestou en preparar un menú especial para nós cos pratos que pensou que máis nos poderían gustar ou interesar dos que forman parte da carta do seu restaurante:

* Mousse de coliflor con vinagreta de café, berberecho e aceite de albéacha.
* Terrina de foie-gras con queixo de Arzúa e cabaza caramelizada.
* Ostras sobre "royal" caramelizada de coliflor e maracuyá, espinacas fritas e vinagreta de cenoria.
* Mexillóns en tempura sobre crocante de arroz e algas.
* San Martiño asado con verduras ecolóxicas salteadas con zamburiñas.
*Foie-gras asado sobre cabaza crocante con salsa de trufas.
* Infusión de froitos roxos con xelado de queixo fresco.

O xantar foi realmente agradábel. Supoño que os "profesionais" que alí estiveron detallarán nos seus blogs moito mellor ca min cada un dos pratos, así que eu só vou a comentar as cousas que me pareceron máis salientábeis. Como a vinagreta de café, por exemplo, que combinaba moi ben coa dozura da coliflor do primeiro prato.

Eu gustei especialmente dos pratos de peixe: sorprendeume a preparación das ostras, acostumados como estamos a tomalas só ó natural; os mexillóns (xigantes) en tempura estaban tan bos que o crocante de arroz pasou para min totalmente desapercibido; e o sanmartiño, que é un dos peixes que máis me gusta, foi unha sorpresa do máis agradábel, xa que até o de agora nunca o tiña tomado nun restaurante.

Aínda que eu son máis de peixe que de carne, botei de menos unha para rematar o xantar, xa que o "foi", que estaba realmente espectacular (non se pode cualificar doutro xeito) xa o tomaramos de segundo prato. Non me sorprendeu especialmente o sobremesa, quizais pola infusión (nunca fun moito de tomar infusións de froitas e flores, fánseme moi doces), demasiado doce para min.

Dúas curiosidades: unha, de seguro que este foi o xantar máis fotografado da historia: cada vez que chegaba un prato novo, todos sacabamos as nosas cámaras para inmortalizalo. Dúas, os silencios cando os trece dabamos o primeiro bocado de cada prato, supoño que para interiorizar cada sabor e poder lembralo mellor despois.

Como dicía antes, o xantar foi moi agradábel: compartir mesa con "devotos" da boa comida non ten prezo. E coñecer, por fin, a todos os asistentes, tamén: despois de tanto tempo lendo con atención os seus blogs, foi unha sorte poder poñerlle cara e voz a cada comentario.

Así que agardo con moita ilusión a próxima xuntanza, que probablemente teña lugar a finais do inverno; aínda que me pregunto se haberá alguén disposto a darnos de xantar...

Outra cousa: como podedes supoñer, aproveitei a visita a Cambados para "documentarme" para este blog, no que ben pronto darei conta dos meus descubrimentos.
Comentarios (4) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 13-11-2006 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Casa Pepe
Casa Pepe é unha das cantinas do Eume.

Non sei se coñecedes as Fragas do Eume. Se non é así, recoméndovos que non deixedes de visitar este lugar realmente fermoso e que disfrutedes do paseo a carón do río ate o mosteiro (en rehabilitación cando eu estiven) de Caaveiro, e que poidades ulir como "cheira a cordeiro guisado", que dicía unha amiga miña, aínda que eu penso que cheiraba a loureiro. De feito, se non me engado, esta é unha dos poucos bosques de laurisilva que quedan en Europa.

E aproveitando este reclamo turístico tan impresionante, nos pobos do arredor da Fraga xurdiu unha interesante e variada oferta gastronómica reunida baixo o epígrafe "cantinas do Eume". Casa Pepe é un dos seus bos exemplos.

Aínda que eu ía directamente a xantar (o menú do día por algo menos de oito euros non deixa a ninguén con fame), ó entrar vimos como na barra os clientes degustaban un pincho de carne guisada con patacas que tiña realmente un aspecto apetitoso, así que antes de pasar ó comedor, fixemos unha "parada técnica" no bar que, como podedes supoñer, non nos defraudou.



As Neves nº32. A Capela
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.A Capela - Publicado o 10-11-2006 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
...en Cambados?
Tiven a sorte, penso que totalmente inmerecida, de recibir unha desas invitacións á "blogoxantanza", ou como se lle queira chamar, que terá lugar o vindeiro domingo día 12 en Cambados. Invitación, por certo, pola que dou as miñas máis efusivas grazas.

Ainda que xa sei que o xantar vai a merecer todo o meu apetito, quería de todos os xeitos aproveitar a visita para tomar un bo albariño nalgún dos bares ou tabernas do pobo; eso sí, sempre e cando vaia acompañado do seu correspondente pincho... de balde, non se pode esquecer tan importante requisito.

Así que agradezo calqueira recomendación que me fagades, xa que Cambados nunca foi un dos meus principais destinos, e as últimas veces que parei a tomar algo sempre foi un café polas mañás.
Comentarios (2) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 07-11-2006 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Praga
Praga foi o meu principal destino nestas derradeiras vacacións, nas que fomos a visitar a uns amigos que viven alí: mil grazas unha vez máis, Sasa e Óscar, por acollernos na vosa casa e facernos de "cicerones" non só pola cidade, senón tamén polos seus arredores (inesquecíbel a visita ó campo de concentración de Terezín, por exemplo). Moitos de vós xa teredes visitado esa fermosa cidade, na que, se bota de máis ós turistas (vale, xa sei que eu tamén o son, pero cando se coincide con tantos é case imposíbel disfrutar das cousas, ¿ou non?) e de menos os pinchos. Porque bares e tabernas hai dabondo, e a cervexa é ben boa.

Nada nos sentaba mellor que unha cervexa ben fresquiña despois dun día de paseo polas rúas de Praga (ou de Plzen ou Olomouc, por exemplo, cidades que tamén visitamos), ainda que lle faltase ó lado un bo pincho. De feito, eles mesmos "saben" que, para poder beber a gusto, é necesario acompañar a cervexa con algo, de ahí que en todas as tabernas teñen na súa carta o famoso "queixo de cervexa" (con un sabor moi forte para min, que non gosto especialemente dos queixos), ou unhas salchicas frías chamadas algo así como "utopenec" (Sasa me correxirá, seguro), que serven con cebola e vinagre, todo acompañado dun pan de centeo moi bo. Mágoa que sexan de pago...

Ía decir que, se acompañasen a cervexa cun pinchiño, a xente bebería máis, pero non sei se iso é realmente posíbel. O normal, é pedir a cervexa en xerras de medio litro, ainda que tamén a sirvan en vasos de 33 cl., escollida segundo o seu grao de azúcar (nós sempre pediamos a de máis graduación, sabiamos mellor), e sentarse cos amigos a falar e beber sen pensar no reloxio. De feito, a ainda que agora xa case non se fai, seica o habitual era sentarse nunha taberna, pedir cervexa, e que o camareiro fose poñendo xerras e xerras ate que o cliente as tapase cos pousavasos, indicando así que xa non quería máis. ¡Qué medo!

Unha curiosidade: nalgúns locais (eso si, previa petición), serven o que alí coñecen como "xirafas": tubos de cervexa de catro litros, cunha pequena billa para que sexan os propios clientes os que se vaian servindo. ¡Menudo perigo! Ahí si que se fai necesario pedir algo para acompañar a bebida; do contrario, corre un o risco de coller o tranvía en dirección contraria, e chegar a quen sabe onde.

E todo a bo prezo. Eu non me parei a comprobar se é certo eso que din de que na República Checa a cervexa é máis barata que a auga, pero si que é máis barata que un café. Ou sexa, que para que todo sexa perfecto, só faltan os pinchos.

Quen sabe se algún día...
Comentarios (3) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 04-11-2006 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal