De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Ribeira de Fefiñáns
Na miña visita a Cambados para a I Xuntanza Galega de Blogogastrónomos, tiven pouco tempo para facer "traballo de campo", o cal significa que terei que voltar por alí. De todos os xeitos, puiden facer caso dalgunha das recomendacións de comedorinha cando pedín axuda.

Así que tomamos algo no Ribeira de Fefiñáns. Non sei pola semán, pero o domingo á hora do aperitivo estaba ateigado de xente. Non é de estrañar, pois está situado fronte ó mar, cunha terraza moi agradabel para un día de sol, e cun interior onde colle moita xente entre mesas baixas e altas e a barra. Por certo, que na barra vimos a uns clientes tomando un albariño con camaróns que metían cobiza, pero como nós iamos de xantar, pareceunos que co pincho ía a ser suficiente.

Puxéronnos unha cazoliña de guiso de alubias que non estaba nada mal. Para repetir, sen dúbida.

Rúa da Ribeira de Fefiñáns nº24. Cambados
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Cambados - Publicado o 30-11-2006 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Adega Louro Vinoteca
Case ó final do pobo, este é un local no que ainda que poñen pincho, este faise moito de rogar. Así que xa sabedes: nada de presas. Sen esaxerar nada, tardaron como dez minutos en poñernos uns manises e unhas patatillas diante, e cando estabamos xa a piques de sair porque xa case acabaramos a nosa consumición, foi cando vimos chegar á camareira cun pinchiño de pan con chourizo.

Como non vou a miudo non sei se esa é a práctica normal do local, ou foi casualidade que ese día a camareira estivera máis interesada na tertulia cos parroquianos que en facer novos clientes. Con diferencia, a atención pareceume o peor do bar.

O mellor: que se un ten pacencia, o pincho acaba pagando a pena. Supoño que lle haberá que dar unha segunda oportunidade, por se acaso tivemos mala sorte.




Avenida de Dolores Mosquera nº28. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 27-11-2006 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
As cuncas
Non sei canto tempo fai que tiñamos pendente unha visita a Marín, para cear e tomar unhas copas con Jano e Pere. Pero como coñecen da miña aficción a esto dos pinchos, empezamos a noite en As Cuncas, que semella ser un dos seus bares de cabeceira.

A cousa non é para menos, xa que co primeiro viño nos puxeron dous pinchos de queixo para cada un: un de tetilla e outro dun fundido. Co segundo viño, cambiaron ó lombo. Algo moi de agradecer, a verdade, que se premie a fidelidade do cliente non só poñendo pincho de novo (cousa que nalgúns bares non fan, por certo), senón agasallando con outro distinto.

O peor do local é, quizais, que é un pouco estreito, así que en hora punta pode resultar complicado atopar xa non digo mesa, senon un sitio na barra.

Polo que puiden ver, parece unha boa opción para tomar unha tapas; ainda que non tiven ocasión de probalas. Queda pendente para outro día.


Rúa Caracol nº21. Marín
Situación
Comentarios (3) - Categoría PO.Marín. - Publicado o 22-11-2006 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nicasio Pérez
Seica hai un grupo de hosteleiros de Ferrol que están intentando revitalizar a zona do Porto, un tanto abandonada dun tempo para acá. A vinoteca Nicasio Pérez é un exemplo dos novos locais que están abrindo as súas portas nesta parte da cidade, cunha decoración moderna no interior, e unha agradágel terraza frente ó mar (aproveitando un dos poucos lugares onde ainda se pode ver), é unha boa opción para aqueles que queiran fuxir da tentación que pode supoñer a zona da Magdalena, tan chea de tendas e de perigos para as tarxetas de crédito...

O pincho non é dos máis espectaculares, pero como eu gosto da empanada (xa, xa sei que non a todo o mundo lle gusta, algo que me costa entender, que conste...) non tiven queixa. E os meus acompañantes tampouco, pois demos boa conta dela.



Paseo da mariña nº10. Ferrol
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 19-11-2006 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón A Magdalena
Como o seu nome indica, o Mesón A Magdalena atópase na rúa do mesmo nome, case enfrente da de Pastor, así que ir de un ó outro (non importa o orden) non é unha mala opción para un día de choiva ou frío, por exemplo, ou de moita calor...

Ainda que o coñecín fai un par de anos, non o lembraba ben; e iso, que me pareceu un local do máis agradábel e acolledor, e pola cantidade de clientes que ten é evidente que hai máis xente que pensa o mesmo ca min.

A nós puxéronnos un pincho de lombo do que non hai nada malo que decir (¡faltaría máis!); pero seica non é raro que os venres poñan algo de marisco de pincho, incluídos percebes. ¡Eso teño que velo! E probalo, por suposto, así que amenazo con voltar por Ferrol calquera venres de inverno.

O Mesón A Magdalena é tamén unha boa opción para tomar unhas tapas a un prezo razoable.

O mellor, sen dúbida, esa posibilidade de percebes dos venres, que haberá que constatar empiricamente


Rúa da Magdalena nº94. Ferrol.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 16-11-2006 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal