De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cerveceria Cire

Vimos de pasar a fin de semana cuns amigos en Palas de Rei, concretamente en A Parada das Bestas, onde puidemos disfrutar unha vez máis da súa cociña, aproveitando que nesta casa rural, como en moitas outras, están agora co Outono Gastronómico.

O venres chegamos para a cea, pero o sábado puidemos gozar dun fermoso día de sol para dar un bo paseo, visitar o Castelo de Pambre ou pasar a tarde no Balneario cercano.

Xa o domingo, cada un foise indo segundo as súas obrigas familiares o reclamaban. Despois de mercar o famoso queixo de Arzúa-Ulloa, Guido e Marcela deixáronnos; e os demais aínda demos un pequeno paseo, aproveitando que había mercado, por Melide. Esperanza e Juan fóronse despois de mercar melindres; pero nós demos unha volta máis con Narciso e Chus para buscar os típicos ricos (xa non quedaban onde os mercaramos doutra volta). E, como non, para tomar o aperitivo.

Non fixo falta separarse moito do mercado para caer na Cervecería Cire, onde demos boa conta do pincho de ensaladilla que nos puxeron coa cervexa. Un dos poucos sitios, por certo, onde vimos que aos clientes non lles poñían olivas ou patatillas.


Rúa Principal nº11. Melide
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Melide - Publicado o 28-10-2008 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Restaurante La Ola

Cando un está de vacacións semella que os días dan para facer unha morea de cousas, como descubrir unha fermosa praia, ou un bo sitio para tomar uns pinchos.

Á praia dos Genoveses chégase por un camiño de terra, polo que na fin de semana só transitan os autobuses que saen de San José, xa que se atopa a un par de quilómetros do pobo. Pero como nós fomos pola semana, levamos o noso coche, así que despois aproveitamos para dar unha volta pola zona.

Así foi como chegamos a Islote del Moro, unha pequena localidade na que atopamos varios bares nos que puxeran un pincho máis que decente.

O primeiro no que estivemos foi o restaurante La Ola. Cunha fermosa terraza con vistas ao mar reservada xa para as ceas cando chegamos, tomamos un par de cañas na barra. Dos pinchos que nos ofreceron, Makeijan optou polo bacallau en tomate, e eu fun de descuberta e pedín tabernero (pensando que era un peixe), que resultou ser unha especie de pisto. Todo, por 3,20 euros.

Outra cousa a favor (para min, xa o sei) deste local é que é de non fumadores.


Rúa Virgen del Carmen nº5. Islote del Moro
Situación
Comentarios (2) - Categoría AL.Isleta del Moro - Publicado o 14-10-2008 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
El Empalme

El Empalme non é un bar de pinchos. É un deses restaurantes de estrada no que un pode tomar un café ou unhas tapas na barra de paso que vai de viaxe, ou pode sentarse tranquilamente a degustar os deliciosos pratos que con cogomelos prepara Gloria Martín, a cociñeira. Iso si, sempre previa reserva.

Despois de varios intentos, xantamos alí fai uns meses. E fai un par de semanas volvemos a pasar por alí, esta vez a media mañá camiño de Madrid, Xa na visita anterior falaramos dos blogs; e de novo saíu o tema nesta ocasión, en canto os donos se deron conta de que lles soaban as nosas facianas.

En canto lle comentei a Gloria o tema do meu blog marchou cara a cociña; e cando nos demos conta, estábanos agasallando co delicioso pincho que podedes ver: un delicioso petisco de foie, con pasta de olivas e escamas de man de buda.

Todo un detalle pola súa parte, e unha grande sorte para nós!


Estrada Villacastín-Vigo, km 352 (Rionegro del Puente)
Situación
Comentarios (3) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 07-10-2008 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal