De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La Rioja

Veño de pasar uns días en La Rioja, entendida non como provincia ou comunidade autónoma, senón como zona vitivinícola, de aí que visitara localidades non só de La Rioja, senón tamén algunha de Araba.

De feito, o noso primeiro contacto cos pinchos foi en Labastida, un fermoso pobo de Euskadi situado a poucos kilómetros de Haro, en La Rioja. Alí, despois de subir ó alto do pobo e disfrutar das vistas, fomos baixando e descubrindo algún dos bares da localidade; moitos de eles pechados, non sei se por ser luns ó mediodía, ou porque estabamos en plena época de vendima. Os pinchos que tomamos foron todos de pago, como xa supoñiamos: nin unha triste oliva nos puxeron de balde. Chamounos a atención a cantidade de cousas rebozadas, xa fosen alcachofas, pementos recheos ou orella de porco.

Esa mesma noite, estivemos en Logroño, na arquicoñecida C/ del Laurel. Alí disfrutamos de tostas de boletus, champiñóns á prancha con gamba, ou uns pequenos bocatas de "rotos" (ovos rotos + patacas fritas + calquera outra cousa) que estaban realmente bos.

Pero non só na cidade hai bos pinchos: tamén disfrutamos dunha interesante tarde en Nájera, fermosa localidade da que non se pode saír sen visitar Santa María La Real, toda unha descuberta nestas vacacións: peixe rebozado, bacallau en aceite, montadiños... e non sei cantas cousas máis. E iso, que tamén atopamos moitos locais pechados, igual polas datas nas que estabamos, ou porque ate a fin de semana non hai movemento de xente nun pobo coma este.

Mágoa que ningún destes pequenos pratos fora de balde... Pero habendo xente que paga por eles, ¿para que van a agasallar ós clientes con pinchos? Disfrutei moito dos pinchos desta zona, aínda que non atopei (igual non dei cos sitios axeitados) esas tapas elaboradas que teño visto en reportaxes ou revistas.

Pero ir de pinchos por La Rioja non é barato. Dúas consumicións (dous cortos de cervexa na maioría dos casos) e dous pinchos poden custar entre 3.80 e 5,40 euros. Perfecto como aperitivo, por exemplo, pero algo caro ó meu entender se se pretende facer así unha comida.

De todos os xeitos, é unha experiencia a repetir.
Comentarios (0) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 23-10-2007 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
... en San Cebrián de Mazote, La Rioja, Zamora ou Ponferrada?
Este ano estanos sendo un tanto complicado coller as vacacións: cando lle vai ben a Makeijan, a min complícaseme todo, e ó revés. Así que pensamos en facer unha pequena viaxe por España, aproveitar para visitar a algúns amigos que temos por aí ciscados, e achegarnos tamén ate La Rioja.

Penso que, dos sitios por onde temos en principio pensado pasar, só en Ponferrada (na mesma provincia que León), temos a posibilidade de que nos poñan algún pinchiño. Polo que sei, aínda que fai xa uns anos que non me cadra a ir por alí, en Zamora hai bos pinchos aínda que de pago. E non coñezo mási que pola súa fama ós de La Rioja... tamén de pago.

Igual alguén tivo máis sorte ca min, e me pode dar algunha idea onde atoparme con algún bo pinchiño de balde; o que prometo, compartirei despois con todos vós.

Quen sabe! Igual nos vemos de pinchos...

Comentarios (2) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 10-10-2007 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal