De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Berlín
Antes de nada, teño que dar unha explicación por non poñer novos artigos no blog durante tanto tempo, e como blogueiro que son (que diría Pepe Isbert en "Bienvenido Mr. Marshall", vóuvola a dar. O motivo da miña ausencia durante este tempo é ben sinxelo, e moi gratificante para min ademáis: estiven de vacacións.

De ahí que uns días antes da saída tivera que traballar arreo para deixar todo en orden; e á volta... pois non quedou máis remedio que recuperar o tempo perdido. Co cal, as miñas aficións tiveron que pasar a un segundo plano, moi ó meu pesar.

Na viaxe pasamos unha tarde-noite en Berlín, cidade que vos recomendo visitar se non a coñecedes xa. Como vos digo, estivemos moi pouco tempo, así que non puidemos coñecer ben esta cidade, algo que queda pendente para outra ocasión. Nembargantes, e correndo coma tolos dun sitio a outro, deunos tempo a ver, como non, o tan tristemente famoso muro (ainda que queda só unha pequena parte, esterrece pensar o que foi iso); a dar un paseo pola Illa dos Museos (eso sí, sen entrar en ningún por falta de tempo e onde me quedou moita pena de non ver o busto de Nefertiti), a catedral (tamén por fora, custaba cinco euros a entrada e non daba o tempo para amortizala); o monumento ó holocausto (sobrecolledor, supoño en parte porque era unha tarde gris), a porta de Brandenburgo, o Bundestag, a espectacular Postdamer Platz, e a non menos impresionante estación central de tren... e algunha cousa máis que de seguro esquezo.

Como é lóxico, non tiven moito tempo a averiguar se nalgunha das moitas cervexerías da cidade poñen pinchos, ainda que teño a sensación de que non. Unha curiosidade: as tapas están de moda.Vimos varios restaurantes e bares de tapas, pero nin nos atrevemos a entrar en ningún por medo ó que podíamos atopar. Tomamos unhas cervexas na Postdamer Platz (unha xerra de 0'50 l. tres euros cincuenta), e non nos puxeron nada para acompañala, pero ainda así pagaba a pena estar alí.

Pola noite, cansos como estabamos, demos unha volta polos arredores do hotel para buscar onde cear. Ó final, decidímonos por algo moi pouco alemán: un xaponés. A súa especialidade era o "kushi": unha variante da tempura, composta por pequenas espetadas de gamba, raíz de loto, cebola, carne, calamar, peixe, etc. que se friten e se acompañan por diversas salsas: dende unha mostaza xaponesa á tan famosa salsa de soia. Estaba realmente bo, ainda que nos pareceu un pouco escaso... e caro.

Pareceunos unha boa opción para un primeiro plato; ou, por qué non, para poñer de pincho cunha Sapporo, a cervexa nipona que tivemos a oportunidade de probar.
Comentarios (0) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 29-10-2006 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Café Sonata
É un local aparentemente pequeno, pero ten dúas plantas e a tan socorrida terraza, polo que sempre está cheo de xente. Sobre todo no verán, claro. Ainda que agora con estase acostumando a xente a ir de terrazas ainda que sexa inverno (con tal de que non chova...).

As tapas do Sonata son variadas: a miúdo hai xamón, chourizo ou queixo; pero a derradeira vez que estiven houbo máis sorte ainda, e puxeron un pinchiño de polbo á feira bastante decente que axudou a baixar a cervexa mellor que ben.

O peor do local é a falta de espazo, e a pouca intimidade ou discreción que eso conleva: non é o sitio onde se pode ter unha conversa privada ou íntima, por exemplo.

O mellor: evidentemente, a sorpresa do polbo; haberá que achegarse máis por este local.

Rúa Peregrina nº66. Pontevedra
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 05-10-2006 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal