De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Garum

Agora que ós blogs de temática gastronómica lles están a chover as críticas por parte dos profesionais do sector (gustaríame saber que pasa noutros ámbitos, como o cine ou a literatura, por certo...), lembro unha conversa que sobre esta cuestión tivemos xa algún tempo atrás o Gourmet de Provincias e máis eu.

Estabamos no Garum, un local algo alonxado da ruta dos turistas; pero que de seguro é visitado a miúdo pola xente que vive en Santiago, precisamente por esa maior tranquilidade da que se pode gozar nesa parte da cidade. Nós estivemos un día de semana, antes de xantar, e a esa hora había pouca xente; máis puidemos gozar non so da charla senón tamén do pincho de lombo que vedes. Bastante bo, a verdade. Como xa foi fai algún tempo, non lembro o que nos cobraron, máis non recordo que me chamar a atención por ter un prezo excesivo.

Por certo, que o tema en cuestión será obxecto dun interesante (supoño) debate no Encontro de Bloggers Enogastronómicos que terá lugar dentro do programa do Forum Gastronómico de Santiago o vindeiro 18 de febreiro. Hoxe mesmo se confirmou a asistencia do mesmo Ferrán Adriá a este encontro.

Xa vos contarei o que alí se fale.


Praciña do Penas nº1. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 29-01-2008 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Código Cociña
Código Cociña
Estaba tratando de pensar que me fixo chegar a De pinchos pero non o teño moi claro. As gañas de meterme un pouco máis no mundo virtual (ou o único mundo real, porque... existe algo que non está en internet?), lembrar eses locais onde me gusta tomar o aparitivo, compartir este tipo de cousas cós amigos... eu que sei!

O que sempre tiven claro foi como quería facer as cousas: intentando non falar mal de ningún local porque si, senon xustificando sempre as miñas queixas ou críticas negativas, e deixando dalgún xeito entrever as miñas sensacións (ou afininidades) cando falo de tal ou cal sitio. Porque isto non é un catálogo de bares sin máis, senón que no fondo é un pequeno diario que xira ó redor dun viño (ou o que sexa, pero con algo de beber diante) e o seu pincho, por suposto!

Por iso, cando Manuel Gago na derradeira Xantanza nos contou do Código Cociña (que daquela aínda non tiña nome), pensei que este blog pode perfectamente adherirse ós requisitos deste código de boas maneiras que agora nace coa intención de falar de gastronomía e o viño dende o respecto e a seriedade, sen que iso signifique renunciar a contar as experiencias personais.

A presentación oficial do Código Cociña terá lugar o vindeiro 18 de febreiro no seno do Forum Gastronómico de Santiago, no I Encontro de Bloggers Enogastronómicos ó que, por suposto, teño pensado asistir.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 25-01-2008 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Casa Verdún

O Nadal (que tarde para falar do tema, verdade?) é unha época na que facemos un oco para ver a esa xente coa que normalmente non estamos ó longo do ano; ben sexa porque non somos capaces de facer os ocos necesarios nas nosas ocupacións diarias, ou ben porque a distancia impide quedar máis a miúdo.

Así que cando o 23 de decembro Jaime (que é de Oviedo pero vive en Madrid) e a súa irmá Cristina (que vive en Londres) se presentaron na nosa casa foi toda unha festa; pero cando acordamos en saír para tomar algo a cousa complicouse porque... que hai aberto un domingo?

Foi dando un bo paseo, mentres nos poñiamos ó dia nas nosas vidas, como chegamos a Casa Verdún, local ó que facía ben de tempo que non iamos. Igual foi por iso que non lembrabamos que tamén neste bar, que (remodelacións aparte) é un dos máis antigos de Pontevedra xa que presume de levar aberto dende 1905, tamén poñen un pincho xeitoso para acompañar ós viños.

Neste caso, uns Rías Baixas que, como foron xentileza de Jaime, non podo dicir o que custaron.

Rúa Real nº46. Pontevedra
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 23-01-2008 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Praga II

Quen me ía dicir a min que, coa de sitios que me quedan por coñecer, andaría ás voltas por Praga tan pronto outra vez! Pero as cousas son como son, e iste é un destino para o inverno, se un se esquece do frío que che fai quedar sen tento ó tratar de tirar unha foto, ou o xeo no chan que che fai parecer un pato ó intentar andar por riba del.

Praga é unha cidade fermosa, na que che pasan as horas indo pola rúa sen rumbo fixo, e na que en calquera curruncho podes atopar unha boa taberna onde entrar a tomar unha cervexa a un prezo máis que razoábel. Non é o mesmo, claro está, tomar algo nun dos bares dos arredores do Karluv Most, que no barrio de Stodulky, por exemplo, antigo pobo anexionado á cidade non hai tantos anos, nas aforas da cidade, e no que viven os nosos amigos Sassa e Óscar.

En Stodulky pódense atopar locais como o que demos en chamar 24 horas; que en realidade se chama algo así como Fantasie, e que, como é fácil supoñer, ten horario continuado. Así que é a mellor opción para comer ou beber algo a calquera hora do día ou da noite, xogar uns dardos ou un futbolín, ou calquera outra cousa que non faga necesaria unha certa intensidade de luz, pois é tan íntimo que nalgunhas mesas ate resulta un tanto complicado estudar a carta... sobre todo, para dous galegos que non teñen nin idea de checo, e que utilizan a intuición máis que os coñecementos idiomáticos para tratar de pedir unha salchicha con mostaza, por exemplo.

O primeiro de ano, despois de disfrutar do último día das casetas de Nadal na Staroměstské náměstí ou na Václavské náměstí, e de ver os fogos artificiais do día da República dende a fermosa (e carísima) rúa Pařížská, paramos a tomar unha cervexa e unha sopiña neste bar. Pedimos unha sopa de allo (Česnečká) e outra de gulash (gulášová polévka), e aínda que non foron as mellores da nosa vida, fixeron o seu efecto de quentarnos o corpo, e a un prezo máis que razoábel: Gambrinus de barril (medio litro) e cunca de sopa, corenta coroas (menos de dous euros).

Unha curiosidade: non sei se alguén o vira antes, pero á saída do Fantasie hai un pequeno cartel con fotos dos clientes que marcharon (ou intentaron, o meu checo non da para tanto...) marchar sen pagar.
Comentarios (2) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 15-01-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal