De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Luniega
Pasamos os dous últimos días do 2006 (aínda que voltamos a tempo para a familiar cea de Fin de Ano) en León; cidade que, se non coñecedes, vos recomendo para pasar unha boa fin de semán. E non só polos pinchos, que conste.

Aínda que ese sexa tamén un dos bos reclamos da cidade, e o perfecto punto final a unha visita cultural que non pode esquecer as fermosas vidrieiras da catedral.

O noso periplo polo tolo mundo dos pinchos empezou nesta ocasión no Luniega; lugar ó que en realidade iamos coa esperanza de xantar, pero unha vez chegados alí, ó non teren mesa reservada (non pensamos en que era o derradeiro venres do ano) tivemos que conformarnos con tomar un viño na barra; eso si, acompañado dun pincho bastante xeitoso de pan de bola con queixo e xamón.

O feito de que a parte adicada a bar sexa un local relativamente pequeno que se atopaba cheo de xente (e moita fumadora, que máis parecían chimeneas que outra cousa) fixo, todo hai que decilo, que non quedaramos alí máis tempo do necesario.


Rúa Joaquina Vedruna nº8. Léon
Situación
Comentarios (1) - Categoría LE.León - Publicado o 14-01-2007 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
A adega
Dende que acostumo a ir por Lugo, e fai xa bastantes anos, na Praza do Campo sempre hai algún edificio en obras, e non sei se vin a fonte con auga algunha vez.

A renovación da praza e dos seus edificios está chegando tamén dende hai un certo tempo ós locais de restauración, e A adega é un dos primeiros que foi reformado. De feito, penso que na primaveira fará sete anos que estiven ceando alí con Makeijan.

Como o seu nome fai doado supoñer, é unha adega onde o viño ten moita presenza; e, como non podía ser menos, tamén os queixos i embutidos. O pincho que poñen é frío: queixo, xamón, chourizo..., pero de moi boa calidade. En calquera caso, nós este día optamos por tortilla e empanadilla, ambas caseiras. Bótase de menos ese pincho quent doutros bares, pero eso queda compensado co feito de que é outro dos bares da zona de non fumadores.


Praza do Campo nº4. Lugo
Situación
Comentarios (0) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-01-2007 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Curruncho A Nosa Terra
Gústame eso que se leva agora, en moitas tabernas de dar un pincho de ourella e cachucha o que vai beber unha cunca de viño

Esta é a lenda que figura nunha das paredes do bar, ó lado dun retrato de Álvaro Cunqueiro; xunto con outras frases e retratos de escritores galegos. Xa podedes supoñer a miña sorpresa, pois hei de recoñecer que non sabía o que no seu día dixera Cunqueiro dos pinchos, e co cal é evidente que estou totalemente dacordo.

Xa estivera no Curruncho fai un ano, na miña anterior visita a Lugo, pero non lembraba nin onde se atopaba, a verdade. As rúas do casco antigo son para mín (a orientación non é unha das miñas virtudes) case un laberinto, e vou vagando dun sitio a otro ate que atopo unha referencia ben coñecida. Pero atopar o Curruncho foi por casualidade: vin un cartel de non fumadores, metinme para adentro, e foi unha grande ledicia atopar este bar que tanto me gustara.

Aínda que na outra ocasión que estivera lembro tomar pinchos de cociña, esta vez (igual porque xa non era bastante tarde, non o sei), só nos puxeron pincho frío.

O melllor de todo, ademáis de que o bar é de non fumadores, foi atopar esa frase de Cunqueiro.


Rúa nova nº8. Lugo
Situación
Comentarios (4) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 07-01-2007 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
O figón
Este foi o derradeiro local no que estivemos na nosa pasada viaxe a Lugo, e foi outro dos nosos descubrementos. A verdade é que o vimos nun especial fin de semán do xornal ó que lle pasamos as follas (as vacacións son pouco para ler) mentras tomabamos o café, e pensabamos que facer antes de ir a xantar.

Ademáis, por suposto, do obrigado paseo pola Muralla; unha tradición que estivemos a piques de rachar por culpa do vento e a chuiva... e a falta de paraugas.

O Figón é un local realmente bonito, aberto fai apenas uns meses. Vinoteca-mesón, na parte de abaixo está a barra e algunhas mesas altas para picar algo. Dende a barra pódese ver a cava, situada na planta superior, e parte do comedor.

Os pinchos...¡San Froilán que pinchos! En barra, pan con xamón e chicharróns quentes (que ó final non probamos). Cando pensabamos que eso era todo, puxéronnos un prato con xamón e picos de pan, que en calquera outro lugar tería un prezo xa xeitoso. E así, na gloria estabamos, cando nos trouxeron unhas navallas á prancha. A foto non fai xustiza ó pincho: como non sabiamos que nos iban a poñer algo máis, adicámonos ó xamón con toda a nosa atención, pero de verdade que o prato chegou cheo.

E todo esto, polos 2'60 euros que nos cobraron por dous mencías bastante xeitosos.

Unha cousa: O enderezo do local non coincide co número que aparece ó lado da porta, pero non hai perda, está nunha casa restaurada e pintada de verde-pistacho. Outra: penso que o cliente que estaba tomando o viño ó noso lado, e si deu boa conta dos chicharróns era Imanol Uribe.


Rúa do Campo Castelo nº47. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 02-01-2007 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal