Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A vaca de viños |
|

O pasado fin de semana, e para celebrar o aniversario da miña cuñada Paula, estiven en Ferrol, cidade á que, por iso de visitar á familia, me achego de cando en vez.
Despois dun xantar do que supoño se fará eco Makeijan, unha deliciosa tarde de gin-tonics e risas, decidimos dar un pequeno paseo pola rúa e tomar unha caña. Por iso da choiva e o cansazo acumulado da semana,quedamos no centro; concretamente, en A vaca... de viños; local que supoño dos mesmos donos que un restaurante da mesma rúa de igual nome.
O que máis me chamou a atención non foi que moitos dos clientes do bar parecían coñecerse entre so (que tamén), senón que o camareiro se dirixise a nós en galego... algo un tanto raro nun lugar onde se lle preguntas a depende que xente por unha rúa non sabe contestar ate que metes antes do nome a palabra calle...
O pincho da foto foi para cinco. O prezo dunha caña, por exemplo, 1,50 euros
Rúa Dolores nº54. Ferrol |
|
|
|
Chipiona |
|

Media de loncha', media de cachito' y do' media' de pan tosta'o.
Hai dúas curiosidades nestas poucas palabras, escoitadas nunha barra dun bar calquera de Chipiona. A primeira, que a únidade de medida é a media. A segunda, que este é un perfecto acompañamento para o cola-cao ou o café con leite; pois aínda que as medias de pan torrado poden parecer normais para o almorzo, non o son tanto se a manteiga coa que se adereza é colorá ou se fai con aceite. E menos habituais son, eses medios bocadillos de xamón, ben sexa cortado en lonchas ou en taquiños quentados na tixola.
Tamén nos chamou a atención, á hora de tomar un café, a alta proporción de gran torrefactado que utilizan nas misturas, o cal resulta nun caldo moi negro e cun cheiro a queimado pouco apetecíbel. O que unido á altísima temperatura á que sirven o café con leite, fai que un se plantexe que non é unha mala opción deixar a cafeína a un lado por un tempo.
Como podedes supoñer, nesta visita a Chipiona non atopamos ningún pincho de balde; se non fose por algún que outro sitio onde si nos puxeron unhas olivas realmente boas, e polas que de seguro, aquí pagaría ben de cartos por elas, dado o difícil que é facerse con elas fora das súas zonas de orixe. |
|
|
|
en Chipiona (ou arredores)? |
|
Pois aproveitando que cambiamos de coche, que temos uns días libres, e uns amigos con casa en Chipiona, decidimos votarnos á estrada e darnos unha volta polo sur.
A verdade é que coñecemos algo da zona, de cando fai uns aniños (seis ou sete) visitamos un pouco por enriba Sanlucar de Barrameda, El Puerto de Santa María e Rota. Aínda que daquela viaxe non recordo que nos bares puxeran pinchos de balde, igual me engano e alguén me da unha sorpresa ó dicirme que tamén nesta parte de Cádiz se poden atopar uns bares xenerosos que premian ós seus clientes cuns petiscos coas consumicións.
Esta viaxe vai a ser moi pequena: estaremos en Chipiona (que é onde quedamos a durmir) só tres días (de xoves a domingo), así que pouco tempo haberá para facer descubertas, así que calquera axuda será benvida.
A ver se hai sorte, e nos vemos de pinchos! |
|
|
|
O Comareiro |
|

Para celebrar que hoxe Depinchos cumpre dous anos, fomos ate Cerdedo, onde se celebraba a III Festa do Xabarín. Ó chegar, demos unha volta pola feira, onde se podían atopar produtos non só da Terra de Montes, senon tamén doutras zonas. E acabo de lembrar que, contentos que estabamos coas mercas que fixemos, esquecemos visitar a exposición de porco celta e algunha que outra cousa máis.
Como non sabiamos ben onde xantar, por medio de Chus, tiñamos sitio reservado no Mesón Carola (do que se fai eco Makeijan, que leva o seu irmá, así que non puidemos probar o xabarín da festa. Pero antes de xantar, e seguindo o noso costume, fomos ate O Comareiro para tomar o aperitivo, onde xa nos esperaba o noso amigo César, tamén de Cerdedo.
O local estaba ate os topes, case non fomos capaces de achegarnos á barra para pedir e recoller a empanada de xabarín que nos puxeron de pincho; nin para achegarnos á ventá a disfrutar das fermosas vistas que ten cara o río Lérez. Como estabamos no seu feudo, invitou César ós viños.
Foi un bo xeito, como dicía, de celebrar que, así como quen non quere a cousa, xa pasaron dous anos dende que empecei a contarvos algunhas das cousas que me pasan ó redor dos pinchos.
Grazas, unha vez máis, a todos os que visitades Depinchos.
Rúa de Ourense nº12. Cerdedo |
|
|
|
Chelsea |
|

Levo toda a vida pasando en coche por diante e preguntándome de onde virá o nome, porque as cousas como son: Chelsea (pronunciado tal como se escribe), non é un nome moi lóxico para un bar de Cuntis. Pero esta é unha das peculiaridades do pobo, a de poñerlle ós locais nomes un tanto desconcertantes...
Demos en dicir (Makeijan e máis eu) que o Chelsea debe ser un dos bares da xuventude da localidade, pois nas dúas veces que estivemos por alí (unha delas, fai xa uns cantos anos) tivemos a sensación de que a clientela era máis nova que noutros sitios. E como tiñamos no recordo que daquela xa ofrecían un pinchiño de balde, non dubidamos en voltar.
Aínda que pareceu facerse un tanto de rogar, non nos enganamos: de pincho, ovo recheo con maionesa e oliva. Nada orixinal nin especialmente elaborado, pero que axuda a que esa cervexiña sente mellor no bandullo, ou non? Desta volta, acordamos en pedir uns cortos de cervexa, a noventa céntimos cada un.
Circunvalación Don Aurelio nº74. Cuntis |
|
|
|
|
|
|
|
|