Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cafetería Bicos |
|
 A ensaladilla do Bicos é, dende hai moitos anos, un clásico dos pinchos de Pontevedra.
Este é un local dos de antes: abre cedo para o almorzo, o café de media mañán... e enlaza có aperitivo. Local de dúas plantas, abaixo é máis apropiado para tomar algo rápido na barra ou nunha das dúas mesas que ten; a na planta de arriba para algo máis relaxado. E máis discreto tamén, pois dende a rúa non se ve a quen está nesta parte da cafetería.
O mellor: a terraza do verán, agora que esta parte da Rúa Rosalía de Castro é peonil, ainda que ás veces case é imposibel atopar mesa.
O peor: a parte de abaixo do local, moi pequena, pode chegar a facerse un tanto agobiante.
Un extra: por encargo, fan bandexas de pinchos para levar.
Rúa Rosalía de Castro nº1, Pontevedra |
|
|
|
Un clásico: os viños de Lugo |
|
Vexo polos comentarios que hai un clásico para esto dos pinchos: LUGO. Dende fai anos é unha das cidades á que me gusta ir de vez en cando (alomenos, unha vez ó ano), dar unha volta para comprobar que a Muralla segue en bo estado, e tomar uns viños paseando pola súa zona vella.
A derradeira vez que estiven foi en decembro, pero como daquela non tiña pensando facer este blog, adiqueime simplemente a visitar os bares de sempre, e tamén a descubrir locais novos. Pero como o Mencía chega un momento que nubla a memoria... pois non lembro nin nomes nin enderezos. Polo menos, non tanto como quixera.
Por iso, está pendente dun "especial", en canto teña unha fin de semán para ir por alí e comprobar que todo segue coma sempre, ou quizais mellor... |
|
|
|
A casa do lado |
|
 Na praza máis fermosa de Pontevedra, a Praza da Leña, abriu fai pouco tempo "A casa do lado"... do "Eirado da leña", un dos mellores restarantes de cociña "imaxinativa" da cidade.
Para os que só queren tomar un viño da súa interesante bodega, os mesmos donos abriron este pequeno local, onde acompañan a consumición cun pequeno pincho... quizais para que o cliente decida probar algunhas das tapas do local (recomendable, o revolto de ovos con boroa). Ainda que tamén poden caer unhas aceitunas, as xoubiñas que poñen son realmente sabrosas.
O mellor: a terraza no verán, e a moi boa atención ó público.
O peor: que para o inverno o local faise un pouco pequeno.
Praza da Leña. Pontevedra |
|
|
|
San Román |
|
 Na rúa San Román, en pleno centro da cidade, ó lado da Praza da Ferrería, esta é unha boa opción para empezar un paseo pola zona vella de Pontevedra, ben entrando pola Praza da Estrela, ben pola Rúa San Román.
Os pinchos non son moi grandes, pero están bos, e consisten normalmente nun cachiño de pan con algo: ensaladilla, pementos, xamón, xoubiña... Ás veces poñen empanada.
Tamén se poden tomar unhas boas tapas, ainda que o precio é, ó meu parecer, un pouco alto. Eso é o peor do local.
Rúa San Román nº4. Pontevedra |
|
|
|
Bar Abellá |
|
 Ou Abella, a verdade é que non sei cómo se chama en realidade. Avergóñame dicir que non o coñecín durante a miña vida de estudante, se non despois, un día que fun co meu curmán Vicente de cañas. E iso que é un local "de toda a vida" na Rúa do Franco.
Bar de tapas e bocatas. Pero coa consumición poñen un pincho de patacas con carne fritida realmente exquisito. O mellor do local.
O peor é precisamente a cantidade de xente que sempre hai.
Unha curiosidade: un día atopei alí a Chico Ocaña, o líder de "Mártires del Compás", xusto antes de ir ó seu concerto.
Rúa do Franco nº30. Santiago de Compostela |
|
|
|
|
|
|
|
|