De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Admítense suxerencias...
Ainda que polo de agora non esgotei as miñas posibilidades neste campo (son xa moitos anos de experiencia), lendo os vosos comentarios vexo que me podedes axudar a descubrir sitios novos onde den un bo aperitivo...¡de balde! Así que esta será unha sección onde de cando en vez vos pida axuda para cando me cadre ir de visita, por lecer ou por traballo, a algún sitio que non coñeza. E, de paso, así axudará a que este blog sexa cada vez máis completo, e nos sirva a todos para disfrutar do tempo libre.

Grazas. Vémonos de pinchos.
Comentarios (12) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 19-05-2006 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
San Clemente
Se Santiago de Compostela é quizais a mellor cidade galega para ir de pinchos, o San Clemente é, dende fai xa moitos anos, un dos seus mellores exemplos. I é que, segundo o día, e ademáis de unhas olivas aliñadas bastante respetables e croquetas, ainda lle dan ó cliente a posibilidade de tomar un pincho máis a escoller entre varios (ensaladilla, arroz ou salpicón de atún, por exemplo). Así que é moi difícil pasar por alí e non sair satisfeito.

Eso é o mellor.

O peor: que non sempre ofrecen ese outro pincho a maiores, eso depende do camareiro que a un lle toque. Un pouco feo, ¿non?.




Rúa de San Clemente nº6. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 18-05-2006 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Malawe
Eu teño unha predilección especial por este bar. O seu dono é un rapaz turco que estivo traballando como camareiro en varios locais da cidade ate que se decidiu a montar o seu propio negocio, onde se poden degustar algúns dos pratos propios da gastronomía do seu país.

Pero ademáis, e se un se achega por alí para tomar un viño ou unha caña (SuperBock, por certo, outro toque de internacionalidade), sempre o acompañan dun pequeno pincho. Xa podían aprender outros hosteleiros da cidade...

Todo esto é o mellor: non sei se haberá en Pontevedra un mellor exemplo de integración.

O peor: que o local é ben pequeno, ainda que ten unha pequeniña terraza no verán.



Rúa do Laranxo nº21-Rúa García Flórez nº16. Pontevedra


ACTUALIZACÍÓN: Polo comentario de Luis, entérome con pena de que o Malawe pechou. Lástima...
Situación
Comentarios (5) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 17-05-2006 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Vinos Veterum
Na rúa Virxe do Camiño de Pontevedra hai un local onde os variados e bos viños que teñen para "chatear" os serven acompañados dun pinchiño xeitoso.

Ademáis, segundo o día, é moi posibel atoparse coa posibilidade dun segundo pincho, o que obriga (hai que ter vista comercial e saber mimar ó cliente), a unha segunda consumición.

Tamén se poden tomar unhas tapas ou xantar. As súas especialidades son o "codillo" e as salchichas alemanas. Unha curiosidade como calquera outra...

O mellor, ese segundo pincho, cando toca.

O peor, quizais a súa ubicación, un tanto apartado do centro da cidade.

Rúa Virxe do Camiño nº28. Pontevedra.



O Veterum pechou a finais do ano 2007; no mesmo local hai outro establecemento de hostelería, ó que me referirei en breve.
Situación
Comentarios (1) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 14-05-2006 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Unha boa opción para sair da casa: Salamanca
Este é unha parte dunha "guía rápida" para unha fin de semán en Salamanca que fai un tempo lle fixen a un amigo. Espero que tamén a vós vos axude, se decidides aventurarvos máis alá do Padornelo. Tede en conta que non está debidamente actualizada, e pode que algún dos locais reseñados xa non exista, pero en xeral penso que pode servir:

"...- TAPAS. Ainda que en calquer sitio podedes topar unhas tapas boas, hai dúas zonas máis o menos diferenciadas.

a.- arredores da Plaza Mayor. Agora non me lembro do nome dos bares, e seguro que terán cambiado dabondo. Na propia praza preto da saida cara o mercado hai un que está ben, do que non lembro o nome onde poñen uns pinchos morunos de tapa que están moi bos. Xusto polo lado contrario, saindo pola C/ Prior á man dereita está o Bambú, baixando unhas escaleiras (panceta, magro, chourizo...), que ten racións e igoal sirve tamén para xantar ou cear; non sei se seguirá aberto, pero pola parte de atrás da Cafetería los Escudos, saindo da praza pola C/ Toro, e baixando unhas escaleiras teñen un bar pequeniño (xamón ou lombo). E moi preto hai (coido que C/ Ventura Rúiz Aguilera) hai tamén pinchos de prancha. Tamén no Alhambra, que está na Rúa Meléndez. O lado está o Jero, que é un restaurante carísimo, pero pon uns pinchos (paté de cabracho) que están bastante ben. E o Río Tormes (de pincho, pastel de carne, e tamén para xantar) saindo da praza maior polo Corrillo, un pouco máis adiante do MacDonals, nos mesmos soportais. Nas rúas Bordadores/Condes de Crespo Rascón tamen hai varios que están ben.

b.- Van Dick. A min góstame moito máis esta zona. A quince minutos máis ou menos da Plaza Mayor. Saides de alí pola C/ Zamora (peatonal) até chegar a unha igrexa redonda, e seguides de frente por C/ Torres Villarroel. Preguntade polos cines Van Dick (están ó cruzar a Avda. De Portugal), pasar a mazán dos cines e xirar á dereita. Toda a rúa que baixa e as perpendiculares están cheas de bares. Non me lembro dos nomes, pero xa ides vendo: onde haxa moita xente, entrade. En moitos deles hai pinchos de plancha (costela, chourizo, panceta...), e algún ten restaurante, así que vos pode servir para xantar ou cear. Chegade ate o Café de Chinitas , que ten uns pinchos de cociña moi bos..."

Unha última cousa: en Salamanca, na maior parte dos bares, a tapa elíxea o cliente. ¿Pódese pedir máis?
Comentarios (4) - Categoría SA.Salamanca - Publicado o 11-05-2006 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0