Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cata de gasosas, unha volta á nenez |
|
Se hai unha bebida que se fai practicamente en cada localidade ou comarca de Galicia esa é a gasosa, o que nos indica sen lugar a dúbidas a popularidade deste refresco.
Nas miñas lembranzas da nenez está a González de Dios, gasosa que chegaba en caixas de doce, en botella de vidro retornábel. O distribuidor pasaba todas as semanas (non lembro xa o día, pero pode que fose os martes), e cando vía a caixa valeira diante do portal, paraba a repoñer, ate a seguinte vez.
Para os nenos, a gasosa era un premio. Para os maiores, un xeito normal de beber viño cando había moita moita sede sen perigo de embriagarse (sempre estaba presente nos traballos de campo aos que acudían a axudar os veciños, cando se poñían ou sacaban as patacas, na sega, na malla?)
Recoñezo que me sorprendeu comprobar como, co paso do tempo, a gasosa segue a ser unha bebida moi popular. Proba dilo é a cantidade de marcas diferentes que atopamos só en parte das provincias de Pontevedra e A Coruña e que nos serviron para facer a cata que podedes ver no video; cata na que tamén participaron Another Cow in the Corn, Laconada, O Viticólogo dos Bagos, La caja de los hilos e Capítulo O.
Non houbo unha gañadora, para min a mellor segue a ser a que me daba a miña avoa cando eu era pequena.
Para rematar, quero dar as gracias a Fernando e Adrián da viñoteca Bagos de Pontevedra, por deixarnos facer a cata no seu local. No que, por certo, despois aproveitamos para cear cos seus viños e tapas, como non podía ser doutro xeito.
|
|
|
|
A taberna de Rey |
|

Con isto de adaptarnos á nosa nova condición de pais, e que a maioría dos locais son de fumadores e non queremos ir co RM, a verdade é que saímos moi pouco a tomarlle algo por aí.
Fai uns días aproveitando que iamos xantar a Barro, deixamos ao pequeno coa avoa, e quedamos cuns amigos aos que había tempo que non viamos para tomar o aperitivo. E, como non podía ser doutro xeito, fomos ao local de moda (que nos pobos tamén os hai), que é A taberna de Rey, en Curro.
Para escoller o nome do local non se mataron moito: fai anos, neste mesmo sitio, o avó do actual dono xa tivera unha taberna. O apelido da familia é Rey, como se pode supoñer.
Non sei que poñen pola semana, pero os domingos o pincho é clásico: callos. E funciona, pois cando chegamos o local estaba ben cheo, e tivemos que esperar un bo pouco polo noso pincho, pois seica se lles acabaran os que tiñan listos e estaban a quentar máis. Pero pagou a pena esperar.
Se engadimos que os prezos son do máis razoábeis (por unha botella de mencía e unha clara pagamos menos de nove euros, está claro que hoxe por hoxe é a mello opción para o aperitivo en Barro. Iso si, se un vai preparado para quedar ben atufado a tabaco.
Fonte de Curro. Curro |
|
|
|
12 Cafetería |
|

Se no que vai de ano o tema dos pinchos estivo algo parado, de agora en diante a cousa non vai mellorar moito. O 19 de setembro naceu o noso fillo, así que a nosa vida social estase a ver moi seriamente modificada. E non porque ao neno non lle guste o paseo, que lle encanta saír a dar unha voltiña todos os días, senón porque sendo tan pequeno, non nos apetece nada levalo a locais cheos de fume... E as cousas como son: bares, viñotecas, cafeterías ou tabernas de non fumadores case non hai.
Aínda así, RM xa andivo por aí de pinchos cos seus pais, faltaría máis! A súa primeira saída, ao día seguinte de vir á casa do hospital, foi para pasar por alí de novo para controlar a súa icteria. E como todo estaba ben, facía sol, e atopamos unha terraza camiño da casa, aos tres días de nacer xa levamos a RM a tomar o aperitivo.
Nótase que o 12 Cafetería é un bar de barrio (concretamente, do Gorgullón). O local é pequeneiro, pero ten unha boa terraza, na que nos conectamos á internet coa súa rede wifi, e pagamos uns razoábeis 3,10 euros por unha tónica e unha 1906.
Rúa Curtidoria nº12.Pontevedra |
|
|
|
La Ribera |
|

Este ano, entre unhas cousas e outras non tiven vacacións. O máis parecido foi unha fin de semana que nos achegamos a Asturias, onde nos atopamos cun tempo especialmente bo para o que esperabamos.
Así que, con base en Avilés, o domingo pola mañá collemos o coche e deixámonos ir pola costa, sen máis destino que o de pasar á hora do aperitivo por Luanco, seguindo as recomendacións do amigo Pantagruel, que o día anterior estivera por alí tomando unhas sidras en La Ribera. Díxonos que era bo de atopar: unha casa azul no centro do paseo.
Unha vez alí, a cousa non foi tan doada: había máis dunha casa azul; pero pola cantidade de clientela que tiña, deseguido nos demos conta de que cal tiña que ser o local do que nos falara o noso amigo. De milagre atopamos sitio na barra, pedimos unha botella de sidra (2,5 euros, se non lembro mal) e un auga, e botámoslle un ollo ao xornal. Tal como nos dixera Pantagruel, non nos puxeron un pincho para nós, pero bandexas de diferentes cousas foron pasando por diante de nós mentres demos boa conta da sidra: tortilla, pan con crema de bonito, e as gambas cocidas que vedes na foto.
Ou sexa, que do máis recomendábel, sobre todo, porque ao pobo paga a pena facerlle unha visita.
Rúa San Juan 10. Luanco |
|
|
|
A casa da Oliva |
|

Polo seu pincho é, sen dúbida, o local do ano en Pontevedra. E iso, que houbo quen non lle augurou moi boa fortuna, dada a súa situación na céntrica, comercial e peonil Rúa da Oliva de Pontevedra. Pero eses que pensaban que esta non era unha boa ubicación para unha viñoteca enganáronse, á vista do difícil que ás veces resulta tomarse algo alí.
Como dicía, para min o valor fundamental deste local é o pincho que ofrecen: un pequeno petisco de pan con embutido, e un pincho de cociña a elixir. O día que tomei a foto, puidemos escoller entre callos, crema de verduras, salpicón de rape ou as fabas da imaxe. Para todos os gustos.
Ese día tomamos dúas claras e pagamos 3,40 euros. Máis que razoábel, ao meu parecer. Iso si, no interior do local; non sei canto incrementan os prezos en terraza, que tamén a ten, aínda que non estiven nela pois non é das que máis me gustan. Cada un ten as súas manías.
A casa da Oliva é tamén restaurante, na planta superior. Makeijan e eu estivemos ceando alí fai xa un para de meses, pero aínda que todo foi correcto (local, servizo, comida), tampouco houbo nada que nos chamara en especial a atención. Cuestión de gustos, simplemente.
Rúa da Oliva nº13. Pontevedra |
|
|
|
|
|
|
|
|