De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cinco Calles
Un clásico, un bar de tapas na zona vella de Pontevedra "de toda a vida", e que agora se está "modernizando" un tanto e comeza a acompaña-la bebida con un pequeno pincho. Ainda que a empanada é moi recurrente, a última vez que fun tiven moita sorte, e puxéronme unha albóndiga caseira realmente boa, ¡lástima que só fose unha! ´

O mellor, o prezo: un corto de cervexa a 0'50 euros acompañado dun pinchiño sabroso non se atopa tódo-los días.

O peor: que a albóndiga é unha excepción.


Rúa Isabel II nº23.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 08-06-2006 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
O bocoi
Poucas cousas poden sentar tan ben un domingo pola mañán que fuxir do sol da praia para tomar unha cervexa ben fresquiña en Combarro; e unha vez alí, ¿onde mellor que en O Bocoi?

Ainda que ten unha terraza pegada ó mar, máis apropiada para degustar unhas tapas, eu gosto máis do interior do local: de pedra, fresquiño, bocois como mesas, un pequeniño lagar... Ben agradable.

E ademáis, poñen un pincho, a miudo de queixo ou chourizo, pero que se hai un pouco de sorte (i eu a última vez que estiven alí tivena) ate poden poñer ¡chipiróns!

O peor, que no verán se enche de turistas, e non hai que poida tomar un viño a gusto.


Rúa do mar nº20. Combarro. Poio.
Situación
Comentarios (4) - Categoría PO.Poio - Publicado o 06-06-2006 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
...en Sanxenxo?
Se cadra, vou a cear a Sanxenxo o vindeiro venres 9 de xuño, e como fai tanto tempo que non vou por alí, gustaríame saber se, para antes da cea, alguén coñece algún sitio onde tomar algo co seu pinchiño... ¡de balde!

Ainda que sospeito que eso debe ser bastante difícil, a verdade, porque non lembro eu Sanxenxo como un lugar moi de dar nada... senón máis ben de cobralo todo bastante ben. Pero como a esperanza é o último que se perde...

Tamén me serve Portonovo.

Grazas.
Comentarios (1) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 06-06-2006 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
...no Barbanza?
Teño pensado pasar a fin de semán de San Xoan na zona do Barbanza, nunha casiña de turismo rural no concello de Porto do Son. E ademáis de ir á praia e facer as visitas culturais de rigor para coñecer mellor esta zona de Galiza, quería aproveitar para saber cómo é o mundo dos pinchos de balde nesa zona, totalmente descoñecida para mín.

Así que vos pido axuda para que me recomendedes bos sitios en Porto do Son, Portosín, Ribeira, Noia, Corrubedo... ou calquer outro pobo desa zona que se vos ocurra.

Coma sempre, moitas grazas. E decirvos, xa de paso, que se ainda non fixen caso de algunhas das vosas recomendacións é porque non tiven tempo de visitar os lugares que me recomendastes, pero teño todo apuntado para ir en canto poida.
Comentarios (3) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 04-06-2006 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
La bodeguilla
Unha boa opción se se quere dar unha volta por Caldas de Reis é comezar por La Bodeguilla, ben sinxelo de atopar xa que está na rúa principal (ou sexa, en plena N-550).

Pequeno sitio onde as mesas son bocois (vací­os, supoño), e poñen uns pinchiños xeitosos; sobre todo, tendo en conta que en Caldas non hai moita tradición de pincho, algo que dende fai xa algúns anos neste bar intentan cambiar. Noraboa por iso.

O peor, precisamente a súa situación, polo barullo dos coches que tamén enche o local. Haberá que esperar a ver que pasa cando fagan esa famosa circunvalación da que tantos anos levan a falar.


Avenida de Pedro Mateo Sagasta nº15. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 01-06-2006 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0