De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La morada
Sempre me chamaron á atención os locais que se van "reciclando" segundo pasa o día. La morada é un deles: podes, dende tomar algo (acompañado co pincho de rigor) mentres ves o partido de turno na súa pantalla xigante, até tomar a última copa da noite. Hai que optimizar os recursos.

O queixo de tetilla e o xamón sempre son un valor seguro nesto dos pinchos. Como só estiven unha vez, non sei se é o habitual, ou vai cambiando segundo o día.

O mellor e o peor: esa pantalla xigante. Xenial para os futboleiros, insufrible para os que non o son.




Rúa de Méndez Núñez nº26. Vilagarcía de Arousa.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 20-06-2006 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Convido
Certo é que o pincho do Convido non é o mellor de Caldas de Reis, as cousas como son, pero é un local moi acolledor, onde nunca deixan ó cliente sen un pequeno acompañamento para a súa bebida, e onde ás veces o cociñeiro ten gañas de sorprender cun pincho máis orixinal ca de costume. Non foi esa a sorte que tiven a última vez que estiven, pero... non se pode ter todo nesta vida.

Bos viños, e, por encarga, unha empanada ben orixinal de bacalau, raxo e chourizo que recomendo probar (para catro persoas).

O peor que ten é o seu horario ben estricto, é moi fácil chegar alí e que esté pechado. Os mércores é o día de descanso.


Rúa Loureiros nº12. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 17-06-2006 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
O cruceiro
Nun dos lugares máis emblemáticos da zona vella, frente ó cruceiro coñecido como das "Cinco Calles", está este local, que pasou por varias mans ate chegar fai uns meses á mesma xente que a tapería "Teucro". Como tamén dan comidas, é habitual atopar tamén uns pinchos xeitosos en canto á variedade, ainda que non estaría de máis que foran... un chisco máis abundantes; sobre todo, os días que toca arroz con chocos, por exemplo.

É curioso que precisamente na zona vella non existan moitos sitios onde poñan un bo pincho, así que este é unha opción case imprescindible para un aperitivo máis tranquilo que na zona nova da cidade.

O mellor: a calidade do pincho, pois un arroz con chocos non é unha trapallada precisamente. O peor: xa volo dixen, que non sexa un pouquiño máis abundante.




Praza das Cinco Rúas s/nº. Pontevedra
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 16-06-2006 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cafetería Vilagarcía
Eu gosto moito do polo fritido; así que imaxinade a miña sorpresa cando mo topei de pincho nun bar. Ben feitiño, adobadiño, cun lixeiro toque a comino..., até co seu cachiño de pan de acompañamento. Unha orixinal opción para todos aqueles ós que lles gusten os pinchos quentes.

En plena Rúa da Baldosa, cunha boa terraza para os que queiran disfrutar do bo tempo do verán e, de paso, fuxir do mundial nestes días nos que o fútbol nos persegue por todas partes.

O peor, para os que non gusten de lucirse na terraza, que dentro é un pouco estreito.


Rúa da Baldosa nº8. Vilagarcía de Arousa.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 13-06-2006 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
La Parra
¡Menudo pincho de mexillóns con cachelos! Tiña estado algunha que outra vez tomando unhas tapas, pero arrisqueime a ver se tamén poñían algo de pincho, e tiven moi boa sorte, as cousas como son.

Escapando un pouco do mundo das terrazas que predomina na Rúa da Baldosa, e cando parece que xa non hai onde tomar algo, chegas á Rúa Méndez Núñez, e lévaste estas sorpresas tan agradabeis. Porque se os mexillóns ó vapor son algo xa de por sí interesante, hei de decir que os cachelos estaban de morte; e, as cousas como son, neste noso país de "comedores de patacas", cada vez é máis complicado atopar unhas sabrosas.

O mellor: eses cachelos. O peor: que debeu cambiar de donos e as tapas e os bocadillos non son tan variados coma antes.


Rúa de Méndez Núñez nº28. Vilagarcía de Arousa.
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 11-06-2006 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0