De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Casa do mar
É unha mágoa que tendo diante un pincho con tan boa pinta, e que resultou saber ainda mellor, fixese unha das peores fotos. Tedes que perdoar...

Nunha recente visita ó Barbanza, e seguindo case ó pé da letra as indicacións de un Gourmet de Provincias, estiven en Corrubedo. E como sempre gostei dos bares das lonxas e portos, a miña primeira visita foi para a Casa do Mar.

Hai sitios nos que un se sinte totalmente fora de lugar, como nunha festa na qué so coñeces á persoa que te invita; e así me sentín eu dalgún xeito, porque era evidente que todos os clientes eran coñecidos, se non amigos, entre sí. Pero a amabilidade da dona do bar, e o guiso mariñeiro (fideos con rodaballo, mexillóns e berberechos) que nos puxeron de pincho, fixeron que todo eso se esquecese.


Rúa Torreiro s/n. Corrubedo. Riveira.
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Riveira - Publicado o 03-07-2006 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cabalo Blanco
Estiven en Santiago para asistir á presentación de galiciagastronomica.com (grazas Miguel pola invitación), e tiven que deixar a deliciosa degustación de productos galegos que serviron nun dos claustros do Hostal dos Reis Católicos para coñecer o Cabalo Blanco antes de voltar á casa. Xa vedes que as suxerencias non caen en saco roto, e fago caso delas en canto podo.

Certo que o pincho é espectacular, non se pode negar: empanada, croquetas, sandwich, e unha ourella ben boa. Relmente bo, sobor de todo a ourella.

Pero tamén hai que decir que, dalgún xeito, esa diferencia cos pinchos de outros bares vai incluida no prezo da consumición: por dúas cañas de pé na barra cobráronnos tres euros con vinte, o que me pareceu bastante caro para esta zona, as cousas como son...



Rúa da Peixeiría Vella nº5. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (3) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 30-06-2006 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Café Willy bar
Hei de confesar, non sen certa vergoña, que a miña recén estreada miopía me levou a confundir con empanada o pincho de xamón cocido á prancha nunha mesa da terraza. E claro, non é o mesmo (¿quen non gosta da empanada?), ainda que non estaba mal.

O Willy (encántame o nome, non o podo remediar...) está nun lugar privilexiado, na praza do pobo. Ten unha boa e tranquila terraza para cando está bo tempo, pero dentro é un local bastante pequeno.

Eu estiven nun destes días de fútbol a todas horas: dous televisores (un deles de pantalla plana, recén mercado para o mundial) sintonizados en canais distintos para atender a todo o que se emite, non vaia a ser... E iso, para os que o "deporte rei" é só un máis, pode chegar a ser un pouco agobiante.


Praza de España nº4. Porto do Son.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Porto do son - Publicado o 28-06-2006 07:57
# Ligazón permanente a este artigo
O chinto
Fun esperando atopar uns callos dos que me tiñan falado, pero cal non foi a miña sorpresa ó atoparme cunha anchoa caseira; o malo é que fose unha soa...

Agora que este delicioso manxar parece estar en peligro de extinción (algo para min moi preocupante, ainda que apareza como unha pequena nova nun curruncho dos xornais), é unha sorte achegarse ate un pobo de mar e recibir este agasallo. Sobre todo, porque supoño, ainda que non o preguntei, que era preparada na casa.

O Chinto é un bo sitio para tomar unhas tapas (as navallas son espectaculares), de ahí que sexa fácil supoñer que os pinchos tamén os prepara a cociñeira, que semella ser a dona do local. E a implicación na boa marcha do negocio, nótase.


Avenida de Galicia s/nº. Porto do Son.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Porto do son - Publicado o 26-06-2006 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Rianxo
Outro clásico: o Rianxo, ainda que na súa actual ubicación, na Praza da Leña, leva tan só uns anos, pois unhas das obras de ampliazón do Museo de Pontevedra "obligárono" a mudarse da súa situación inicial.

Para mín ten un defecto moi habitual: o pincho que poñen dentro do bar é ben xeitoso, e nada ten que ver coas tan recurrentes "patatillas" que poñen na terraza en verán. Esto é o peor do local, que se un decide sentar fora, ademáis de ter que pagar máis pola consumición, o pincho é peor (algo moi habitual en máis dun sitio).

O mellor, con moita diferencia, e por iso merece un lugar destacado neste blog é que é de NON FUMADORES. En realidade, é o único bar de viños de menos de cen metros cadrados que decidiu xa dende principios de ano desfacerse dos malos fumes.




Praza da Leña. Pontevedra
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 25-06-2006 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal