Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rumbo a Ons |
|
O vindeiro 30 de outubro, tomaremos rumbo a Ons, para celebrar alí a nosa XIII Xantanza. Para celebrar a nosa chegada ao Facebook, pareceunos unha boa idea compartir esa xornada cos amigos que nos len.
Así que xa sabedes, se a alguén lle apetece asistir a unha degustación de produtos de Finca do Corvo a cargo de Javier Olleros durante a travesía, visitar a illa, darse unha homenaxe (percebes incluidos), e falar moito de gastronomía, pasade pola nosa páxina do facebook, que alí tedes todos os detalles para poder acompañarnos na que promete ser unha xornada memorábel.
|
|
|
|
A Gran Catanza |
|

A xestación do que demos en chamar Gran Catanza foi case coma a dun neno... Se non me engano, empezou alá por outubro, nunha xantanza á que precisamente eu non puiden ir, por mor da miña moi recente maternidade. Cada vez que coincidiamos algúns de nós, ou nun deses centos de correos electrónicos que nos cruzamos, sempre estaba presente como algo que máis antes que despois, tiñamos que facer.
A cousa era moi fácil: quedar para probar algún deses viños dos que tiñamos ouvido falar e aos que, a miúdo por unha cuestión de prezo, non nos decidiamos a chegar. Por unha vez, o principal serían os viños, e a comida quedaba en segundo plano.
Unha vez cosensuada a data (16 de xuño), e decidido xa o lugar ( A viña de Xabi, en Santiago de Compostela), só quedaba escoller os viños, algo do que se ocuparon con moito acerto Sole e Manuel coa axuda de Esteban (da distribuidora Redoma Calidad) e Xavi (o da viña).
Os viños que catamos foron:
* La Bota de Manzanilla pasada (Nº 10)
* Champagne André Clouet 1911
* La Coulée de Serrant 2004.
* Dr Burklin-Wolf Pechstein 2001.
* Domaine Morey Coffinet 2006.
* El Nido 2006.
* Vega Sicilia Único 1999
* Ordóñez nº4 Esencia
Todos eles impresionantes, pero os que máis me impactaron foron (os escumosos son unha das miñas debilidades) o Champagne André Clouet 1911 (que non é que fose dese ano, senón que só fan ese número de botellas); o Riesling (outra das miñas preferencias enolóxicas, eu son de brancos, que lle imos facer!) e o Vega Sicilia, co que cumprín un dos meus soños de cando era estudante e vía as botellas deste viño (e o seu prezo!) nos escaparates dunha tenda do Toural.
Gracias a xenerosidade de Xavi e Esteban, a cousa saíunos por 45 euros por persoa; unha auténtica ganga se temos en conta os prezos dos viños dos que estamos a falar (se non me engano, de entre 60 e 120 euros por botella).
A cousa rematou con whisky de malta, pero por mor das obrigas familiares do día seguinte, non tiven tempo a degustalo como se merecía.
Mellores relatos en Capítulo O, Laconada, O Viticólogo dos Bagos, ou Pantagruel Supongo. |
|
|
|
O furancho de Bora |
|

Nin é un furancho nin está en Bora... nin poñen os pinchos así de escasos: o que falta comeuno o RM, que non é quen de ver comer aos demais e que a el non lle toque nada (sae á nai!).
O outro día paramos na Praza da Verdura a tomar unha cervexa, aproveitando que había mesas dabondo libres na terraza, con iso de que a xente andaba toda a ver o partido e este era un dos poucos sitios onde non había fútbol. Sentámonos, pedimos, trouxeron a bebida, e RM andaba a enredar por alí, agarrado ás nosas cadeiras. Pero chegou o pincho...e amigo! aí a cousa cambiou. Falar non fala aínda, pero o pequecho faise entender, e estaba ben claro que quería probar o que había dentro daquel potiño. Deille a probar o arroz con carne e tomate, pensando que no gustaría, e que se ía conformar cunha codia de pan... e o pan tiven que comelo eu.
Xusto uns minutos antes, lle andaba eu a dicir a Makeijan "non sei se agora teremos que empezar a ir aos sitios onde poñan patatillas". Coitada!
Non paguei eu, así que non podo comentar o prezo. Nin de onde ven o nome, aínda que supoño que será o recordo dunha vida anterior.
Rúa San Sebastián 23. Pontevedra |
|
|
|
Ao pé do lar |
|
Levaba xa tempo Sole comentándome cousas deste proxecto, e polo blog de Manuel, ía vendo algo do que andaban a facer. Cando despois da derradeira xantanza algúns prolongamos a xornada co ritual do gin-tonic, os dous seguíronnos falando do tema, ensinándonos as fotos que no seu teléfono móbil levaban da criatura e cun brillo especial nos ollos, como o futuro pai que espera temoroso pero cheo de ilusión o nacemento do seu fillo.
O parto foi onte, e aló nos fomos, a felicitar aos pais da criatura: Manuel Gago como comisario da exposición e Soledad Felloza en produción e fotografía. Tamén saudamos ao tío Miguel Vila, que participou na parte de recuperación de receitas. Porque Ao pé do lar é un paseo pola historia das nosas cociñas, e do que nelas se coce.
Pode verse no Museo do Pobo Galego ata o 7 de marzo, como unha das actividades que se desenrolará coincidindo co Forum Gastronómico que terá lugar neste mes de febreiro. |
|
|
|
Dolce Pecado |
|

Non foi por gusto polo que tiven que ir a Vilagarcía o pasado sábado, despedir a alguén nunca é agradábel. Mentres eu lle dicía adeus a unha amiga, Makeijan deu un paseo pola vila con RM, que cada vez empeza a interesarse máis polo que ocorre ao seu derredor. Atoparme de novo con eles quenceume corpo e ánimo.
Por sorte, Makeijan atopara un deses locais aos que nos estamos afacendo a ir cando o RM está con nós: unha cafetería-pastelería. Este é un local grande, cun pequeno despacho de pan e pasteis, mesas altas na entrada e baixas máis ao fondo, preto da televisión.
Tomamos unhas cervexas (a miña sen alcol e a de Mak unha 1906) a 1,5 euros cada unha; e cando xa pensabamos que xa fora sorte dabondo atopar un local de non fumadores, trouxéronnos un pinchiño. Se a isto lle unimos que había wifi, estabamos no lugar case perfecto (sempre haberá algo para mellorar, fixo, que non se me enfade ninguén) para o que nos buscamos nesta etapa da nosa vida, e á espera desa tan cacarexada modificación da lei anti-tabaco que non da chegado.
Avda. Doutor Tourón 30, baixo. Vilagarcía de Arousa |
|
|
|
|
|
|
|
|