De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

El gaucho
El Gaucho está nunha minúscula (decir pequena é moito) rúa do Barrio Húmedo de León; rúa na que, aínda así, hai non sei se tres ou catro bares... Este é famoso polas súas sopas de allo e as patacas con costela, os seus pinchos máis habituais. É un local vello, i en principio pouco atractivo, pero vale a pena non deixarse levar polas apariencias, i entrar a tomar algo nel.

Nós coñecémolo na visita que fixemos a León fai un par de anos, entramos por casualidade, e a nosa ledicia foi total cando nos ofreceron de pincho, entre outros que agora non lembro, unhas sopas de allo ben quentiñas coas que facer frente á nevada que se aveciñaba. De feito, naquela ocasión (era pola noite, i esta vez estivemos á hora do xantar) dérannos a posibildade de escoller entre varios pinchos. Cousa que esta vez non pasou.

Así que probamos o outro dos seus pinchos máis habituais, o de patacas con costela, que tampouco estaba nada mal. Na foto, vese o correspondente a catro persoas.



Rúa Azabachería nº1. León
Situación
Comentarios (2) - Categoría LE.León - Publicado o 22-02-2007 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 hai moitos locais que se deixan de coñecer pola primeira imaxe que transmiten, por iso dáme moita rabia cando alguén #blgtk08#de fora vai tomar os viños a Ribadeo seguindo a ruta "vip" e deixando sen visitar os locais de verdadeira tradición.
Comentario por a randeeira (22-02-2007 17:10)
2 ¡Que descubremento! Hummm, que cheiro máis saúd#blgtk08#able...Agrégote de inmediato ós meus favoritos.
Comentario por Ninsesabe (22-02-2007 22:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal