De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

A taberna de Rey

Con isto de adaptarnos á nosa nova condición de pais, e que a maioría dos locais son de fumadores e non queremos ir co RM, a verdade é que saímos moi pouco a tomarlle algo por aí.

Fai uns días aproveitando que iamos xantar a Barro, deixamos ao pequeno coa avoa, e quedamos cuns amigos aos que había tempo que non viamos para tomar o aperitivo. E, como non podía ser doutro xeito, fomos ao local de moda (que nos pobos tamén os hai), que é A taberna de Rey, en Curro.

Para escoller o nome do local non se mataron moito: fai anos, neste mesmo sitio, o avó do actual dono xa tivera unha taberna. O apelido da familia é Rey, como se pode supoñer.

Non sei que poñen pola semana, pero os domingos o pincho é clásico: callos. E funciona, pois cando chegamos o local estaba ben cheo, e tivemos que esperar un bo pouco polo noso pincho, pois seica se lles acabaran os que tiñan listos e estaban a quentar máis. Pero pagou a pena esperar.

Se engadimos que os prezos son do máis razoábeis (por unha botella de mencía e unha clara pagamos menos de nove euros, está claro que hoxe por hoxe é a mello opción para o aperitivo en Barro. Iso si, se un vai preparado para quedar ben atufado a tabaco.



Fonte de Curro. Curro
Situación
Comentarios (4) - Categoría PO.Barro - Publicado o 08-12-2009 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pues si, yo tambien he estado alli y tiene razon los pinchos son de los mejores que hay por la zona .Por otro lado el#blgtk08# local esta ambientado como las tabernas de antaño en la que te hace retroceder en el tiempo, os aconsejo visitarlo.
Comentario por FERNANDO (12-12-2009 19:17)
2 Yo también he estado y ya he repetido. Además de los callos, aconsejo las tablas de embutidos, las almejas y el cordero a la gallega.
Local muy interesante, lo #blgtk08#mejorcito que ha aparecido en la zona en los últimos tiempos. Muy acogedor, decorado con muy buen gusto y amabilidad en el trato son sus características más destacadas.
Comentario por Alfredo (14-12-2009 10:56)
3 A verdade é que eu tamén vou bastante, e o que máis me gusta é o trato moi próximo e falmiliar que dispensan tanto o persoal como os donos, e en especial uns empregados moi peculiares: son os fillos dos donos, que son moi bos rapaces e moi queridos por toda a clientela. Esto nun apartado l#blgtk08#ocal, pero referente á calidade xeral do servizo e productos que neste local se sirven só podo dicir que os resultados saltan á vista con un cheo casi habitual e diario que non ten comparación e mesmo parece un local situado nunha gran cidade. QUE VIVA CURRO E A DE REY!!!! Chao. Volverei.
Comentario por xose (30-12-2009 23:09)
4 Cousas da vida Salomé! Acabo de atoparte grazas a A Nosa Terra.
Parabéns polo blog, paréceme moi interesante o que contas e como o contas.
De feito xa me están entrando ganas de comer...
E tam#blgtk08#én teño que ir á de Rei, que aínda que non os coñezo somos primos terceiros ou cuartos, pero é que cando imos a Perdecanai sempre imos co tempo xusto.
Alégrome de atoparte e saber de ti.
Unha aperta.
Comentario por Eva G. Rei (23-07-2010 10:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0