De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Raíces Galegas
Perto da remodelada Praza Roxa de Santiago (¿alguén entende a cascada esa da Costa das Camelias?), este é outro dos locais onde lle dan ó cliente a posibilidade de escoller o acompañamento da súa bebida: ourella, ensaladilla ou zorza. Ou sexa, para tódo-los gustos.

Esa é unha das mellores cousas do local, esa posibilidade de escoller o pincho; non é algo tan espectacular como pasa noutras cidades (Salamanca, por exemplo), pero é un bo síntoma de que se intenta cuidar ó cliente. O peor é que, en plena Rúa Nova, segundo qué días e a qué horas, pode resultar complicado entrar.

Decir, por último que o Raíces é unha boa opción para coller folgos cun dos seus xeitosos bocadillos.



Rúa nova de abaixo nº36. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 17-07-2006 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Encántame este local! :)

Vou a miúdo a comer bocadillos alí#blgtk08#! hehe O mellor, sen dúbida, o de Peituga de Polo Especial... moito sabe!
Comentario por Suso (29-08-2006 14:17)
2 Ese non é un sitio para ir de tapas...pero estou con SUSO de qu#blgtk08#e "o bocata de peituguiña" é moi bó...sobre todo a mañanciña!!!
Comentario por Uxía (16-04-2007 20:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal