De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cibeles
Outro clásico, que non sei ben por qué relaciono coa ensaladilla, ainda que había ben de anos que non entraba neste sitio. Así que non teño moi claro se é un recordo real, ou non.

Eu fun á hora de xantar; ou sexa, cando xa case todo o mundo estaba xa nas súas casiñas, así que cheguei un pouco tarde. Ainda así, non houbo queixa: "trisquis", olivas, mexillóns en escabeche (moi bos por certo), e un "segundo prato" a base de pan con xamón. ¿Quen chega así a xantar á casa á súa hora?

O mellor: ese segundo pincho, máis ou menos a metade de consumición.

O peor: as olivas, sen oso, ben cativas. Desmerecen ó resto dos pinchos.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 25-05-2006 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Arredemo. Aínda te queixas das olivas?. Coa de #blgtk08#sitios nos que non che dan nin os bos días. ;-)
Comentario por makeijan (25-05-2006 23:41)
2 como é que aínda non fixeches un post do cabalo branco? é o lugar onde máis pinchos poñen en compostela (está preto do avante). alí poñen carne con patacas, olivas, patacas alioli, chourizo, sardiñas, bocadiños de paté, xamón... incluso me contaron que un dí#blgtk08#a puxeron percebes!
e tamén che recomendo o chopp (na calle de apolo, cerca da praza roxa, ao lado da cafetería Krystal). poñen olivas, patatas e ensaladilla rusa.
tamén está ben o exágono, en alfredo brañas, poñen máis ou menos como no chopp.
Comentario por xornalistiña (26-05-2006 18:37)
3 No Cibeles poñen tapas abondo, pero tamén se nota a hora #blgtk08#de pagar (2€ a caña). Asi que vai o comido polo servido.
Comentario por Percheron (18-07-2006 16:47)
4 É verdade, neste cobran dabondo, pero polo menos poñenche o pinchiño... noutros tamén pagas e inda por riba nin unha triste aceit#blgtk08#una che poñen.

Se ficas alí un bó rato (p.ex. pra ver un partido) e fas un par de consumicións xa case saes ceado.
Comentario por Suso (29-08-2006 14:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal