De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Rianxo
Outro clásico: o Rianxo, ainda que na súa actual ubicación, na Praza da Leña, leva tan só uns anos, pois unhas das obras de ampliazón do Museo de Pontevedra "obligárono" a mudarse da súa situación inicial.

Para mín ten un defecto moi habitual: o pincho que poñen dentro do bar é ben xeitoso, e nada ten que ver coas tan recurrentes "patatillas" que poñen na terraza en verán. Esto é o peor do local, que se un decide sentar fora, ademáis de ter que pagar máis pola consumición, o pincho é peor (algo moi habitual en máis dun sitio).

O mellor, con moita diferencia, e por iso merece un lugar destacado neste blog é que é de NON FUMADORES. En realidade, é o único bar de viños de menos de cen metros cadrados que decidiu xa dende principios de ano desfacerse dos malos fumes.




Praza da Leña. Pontevedra
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 25-06-2006 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Alégrome de ter sido de axuda. ¿A que as empanadas de Angelita ben valen o que custan, malia non ser baratas?

Polo demais, o Chinto é unha aposta segura e o Pósito de Corrubedo é un bo sitio para comer coas mellores vistas. No Pequeño aínda estiveron os meus pais hai unhas tres semananas, así que supoño que estarán acondicionando para o verán. O outro que dis non o coñezo. Ten que ser novo (deste inverno), porque eu aínda estiven nesas terrazas a comezos de outubro.

Por outra banda, gracias por irme apuntando os nomes. Como eu sempre ando pola zona, os sitúo, pero nunca me quedo cos nomes. O restaurante de Ribeira, o Ameneiro, non é para botar foguetes, pero é o único cunha proposta un pouco distinta. Nada que ver con Pepe Vieira que mencionas, por suposto, pero en c#blgtk08#omparación co que hai pola zona está aceptable, na miña opinión.

O que me sorprendeu foi o de Noia: non sabía que pechara o Ceboleiro (actualizo axenda). Por outro lado, o Alborés é un dos de toda a vida. Igual foi porque había partido ou tiñan o día tonto, pero nunca me falaran mal del. En fin, síntoo. En canto á Taberna Típica, paga a pena polo sitio, que ten moito encanto, pero as racións son maliñas. E por último o Ferrador, da familia do meu amigo Javier. As referencias que teño son boas (pero tendo en conta que eu son amigo de fillo...).Unha lástima que leves mal recordo culinario de Noia, porque a vila ven vale unha visita ou dúas.

E respecto ó que dícias, non te preocupes, que de seguro haberá ocasión de que ti me recomendes sitios.

Saúdos.
Comentario por gourmetdeprovincias (26-06-2006 13:34)
2 Me sorprende el comentario de "aceptable" para el Rest. Ameneiro de Ribeira, sobre todo si lo comparan con Pepe Vieira. Fijarse en los precios y vereis la diferencia. Ambas cocinas vienen de la misma procedencia: Escuelas FP II y Escuela Superior, èsta con una mìnima influencia porque donde de verdad se aprende es en FP, cuando llegas a la Superior, ya estàs de vuelta de todo y en algùn caso sabes mas que los profesores.
Los cocineros#blgtk08# han sido profesores de Escuelas de Hostelerìa........en fin, creo que el que hizo la crònica deberìa de volver por el Ameneiro, ahora que abren durante la semana con la Bodega del Ameneiro, estilo vinoteca con tapas y raciones diferentes a la carta del restaurante.
Este restaurante recibiò la màxima calificaciòn de La Voz de Galicia y cada vez mas, no llegan a los dos años, estàn siendo aceptados y celebrados en la zona del Barbanza.
Comentario por Armando Mallo Ramos (24-11-2006 12:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0