De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Verruga

O Verruga é un dos restaurantes de sempre máis coñecidos de Lugo; ó que axuda, supoño, a súa magnífica situación en pleno centro da zona de viños. Hei de confesar que eu teño un certo aprecio a este sitio, e non só pola súa cociña, igual de tradicional que de boa (a calidade do producto é fundamental), senón tamén pola boa atención ó cliente. E todo, dende que un día, fai xa uns cinco anos, entramos pola porta pasadas as catro coa esperanza de poder picar calquera cousa xa, e nos invitaron a pasar ó comedor coa mesma tranquilidade que se foran as dúas da tarde. Ate postre, tomamos.

Para tomar os viños, o Verruga é un pouco máis caro que os bares da zona, e iso nótase na idade e nos ropaxes dos clientes (moita dona con abrigo de pelexo no inverno, por exemplo), pero paga a pena.

Os pinchos son os clásicos fríos e de cociña. O camareiro non nos entendeu ben, e trouxónos mexillón en vez do chipirón que lle pediramos, pero en lugar de cambialo, o que fixo foi traernos o outro pincho tamén.

E todo esto, mentras nos entretiñamos coa evolución duns camaróns na cetárea. Unha festa.


Rúa da Cruz nº12. Lugo
Situación
Comentarios (3) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 08-05-2007 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Bo local, sen dúbida. Pero nesa mesma rúa ha#blgtk08#i sitios con bos pinchos e viño máis barato.
Comentario por a randeeira (09-05-2007 17:59)
2 En Betanzos había un sitio que preparaba uns calamares en tinta formidables. Pero cer#blgtk08#rou...
Os da foto parécense a aqueles do Casanova, que así se chamaba o sitio.
Comentario por Ninsesabe (20-05-2007 16:59)
3 cambia de contador machiño este ralentiza todo unha pasada

#blgtk08# E noraboa de novo polo blog, es xa todo un clásico

;-)
Comentario por ANA (05-06-2007 22:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal