De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Las cinco vigas
A Rúa da Cruz merecería, ó igual que a Rúa Nova, un capítulo especial, pois en case todos os baixos desta pequena podemos atopar un bar. Así que é unha opción bárbara para un día de chuiva ou de moito frío, e con poucas ganas de andar...

Este é un local dos de sempre, con moita madeira vella i ennegrecida que o fai un pouco oscuro quizais; pero tanto ten. Fixemos caso da camareira que nos dixo que dos pinchos de barra a tortilla estaba recén feita (e moi boa tamén), e probamos tamén as patacas fritas con pementos. Ademáis (¡qué bonito costume!, non me fartarei de decilo) ofrecéronnos tamén pinchos de cociña, dos que escollemos callos e ourella.

Por certo, que ó saír, atopamos nuns carteis que anunciaban algo así como "A vinganza do porco, ceas veganas". Mirámonos, non sentimos ningún remordemento polas delicias de porco que viñamos de catar, e dirixímonos tranquilamente ó seguinte local.


Rúa da Cruz nº5. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-04-2007 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Vou dicilo en voz baixiña para que ninguén me escoite: non me gusta a orella de porco...Non sei#blgtk08#, debe ser algo xenético, son incapaz de metela na boca. Espero que non o tomedes moito a mal.
Comentario por Ninsesabe (14-04-2007 10:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal