De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

O figón
Este foi o derradeiro local no que estivemos na nosa pasada viaxe a Lugo, e foi outro dos nosos descubrementos. A verdade é que o vimos nun especial fin de semán do xornal ó que lle pasamos as follas (as vacacións son pouco para ler) mentras tomabamos o café, e pensabamos que facer antes de ir a xantar.

Ademáis, por suposto, do obrigado paseo pola Muralla; unha tradición que estivemos a piques de rachar por culpa do vento e a chuiva... e a falta de paraugas.

O Figón é un local realmente bonito, aberto fai apenas uns meses. Vinoteca-mesón, na parte de abaixo está a barra e algunhas mesas altas para picar algo. Dende a barra pódese ver a cava, situada na planta superior, e parte do comedor.

Os pinchos...¡San Froilán que pinchos! En barra, pan con xamón e chicharróns quentes (que ó final non probamos). Cando pensabamos que eso era todo, puxéronnos un prato con xamón e picos de pan, que en calquera outro lugar tería un prezo xa xeitoso. E así, na gloria estabamos, cando nos trouxeron unhas navallas á prancha. A foto non fai xustiza ó pincho: como non sabiamos que nos iban a poñer algo máis, adicámonos ó xamón con toda a nosa atención, pero de verdade que o prato chegou cheo.

E todo esto, polos 2'60 euros que nos cobraron por dous mencías bastante xeitosos.

Unha cousa: O enderezo do local non coincide co número que aparece ó lado da porta, pero non hai perda, está nunha casa restaurada e pintada de verde-pistacho. Outra: penso que o cliente que estaba tomando o viño ó noso lado, e si deu boa conta dos chicharróns era Imanol Uribe.


Rúa do Campo Castelo nº47. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 02-01-2007 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Fermoso e saboroso blog. Pasarei por aquí mo#blgtk08#itas veces. En especial á hora do aperitivo.
Comentario por náufrago (04-01-2007 09:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal