 Esta é unha boa opción, por exemplo, para rematar unha noite polos viños de Lugo, pois se un anda aínda con fame (o cal non é moi doado), ten unha boa parte do local adicado a restaurante.
Nos pinchos fríos, decidimos probar a salchicha con pementos, e, como en tantos outros, ese lacón que tan espectacularmente preparan en Lugo. Pero non só neste local, senón na maior parte dos bares. De feito, só dende hai relativamente poucos anos se serve o lacón frío fora dalí. Unha delicia. En canto ós pinchos de cociña: ensalada de polbo, albóndiga e costela guisada.
A pesares de ser unha cervexería, neste local hai tamén unha certa variedade de viños para elexir con que acompañar... os pinchos. Porque en Lugo ás veces semella que é a bebida a que acompaña ós pinchos, e non ó revés...
O mellor de todo foi que cando saiamos dalí, case ás doce da noite, aínda seguían ofrecendo pinchos de cociña. Eso sí que penso que non o vira nunca... nen sequera en Lugo.
Rúa Nova nº15. Lugo |