Antes da reforma chamábase O Porrón, i era un dos principais destinos dos universitarios nos viños de Lugo. Pregúntome cantos aprenderían alí a beber por tan extraño artiluxio...
Agora (descoñezo se tamén con cambio de donos), un novo nome recibe ós clientes debaixo dos soportais da Praza do Campo.
As tapas, do melloriño: bolo preñado (de poucos meses, eso sí) e unha das mellores tortillas que probamos no noso paseo por Lugo, na sección de fríos; e de pinchos de cociña zorza e lentellas que tampouco estaban nada mal. Ademáis, e por se fose pouco, uns manises na barra.
¡Este pobo é un escándalo! decía
Makeijan. Non, decía eu, o escándalo é o que gañan os hosteleiros de moitas outras cidades onde non teñen nin un detalle co cliente. Porque algo é certo: os bares de Lugo non perden cartos, nen moito menos, agasallando con tan bos pinchos ós que entran pola porta.
Rúa do Río Miño nº3. Lugo