De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Metbar
Este é un local que abriu fai pouco tempo na Ronda da Muralla, perto da Porta da Estación. Chama a atención a decoración moi moderna, en blanco e laranxa: e tamén que ofrece ós seus clientes a posibilidade de acceder, previo pago, á rede wi-fi do local, algo que polo que puiden comprobar é unha das súas bazas principais á hora de conseguir clientela, xa que eran varias as persoas que se atopaban alí cos seus portátiles.

Non sei se pertence a unha franquicia (sospeito que si), ou se só é o irmán pequeno doutro local do mesmo nome que hai en Madrid. Aínda que me estrañaría, a verdade, que alí ofrezceran ós clientes pincho, e moito menos de cociña. Nós escollemos (non lembro agora as outras opcións) ensalada de pasta e pincho moruno.

O Metbar é un local onde tamén se pode xantar (teñen menú do día por algo máis de 9 euros) ou cear, pois ten unha pequena parte adicada a restaurante. Un consello: non se vos ocurra pedir un cóctel, son un quero e non podo.


Ronda da Muralla nº54. Lugo
Situación
Comentarios (2) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 28-12-2006 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 En Betanzos de pinchos non hay moito que se diga, pero o dia 1 pola mañanciña e feira e temos a tradición de ir a tomar o Polbo cun#blgtk08#has cuncas de viño a feira do gando, así que xa saves animate.
Un saudo e feliz ano 2007, que se cumpra todo o que desexas.
Comentario por Betanceiros que queredes? (29-12-2006 22:51)
2 Hola; eu estiven o outro día alí e quero comentar que o servicio de wi-fi é gratuito. O sitio#blgtk08# é diferente e moi acolledor. Por certo o cóctel Metbar, especialidade da casa está moi bón.
Comentario por Sonia (14-01-2007 17:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal