De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Taberna Daniel
Aínda que o subtítulo do bar é La casa de las tortillas a que nos ofreceron como pincho frío non era, nin moito menos, a mellor que probamos en Lugo. Pero os outros pinchos non estaban nada mal. Escollemos costela guisada e champiñóns, tamén guisados, que facían esquecer a tortilla segundo iamos dando conta delas.

Penso que é a tasca de Lugo onde máis pinchos de cociña nos ofreceron; tantos, que penso que ó final nos decidimos polos que lembrabamos e non polos que máis nos apetecían naquel momento. Evidentemente, esa variedade foi o mellor do bar, e algo moi de agradecer: está claro que queren agradar a todos os paladares.

A súa situación moi pertiño da Catedral tamén é algo moi a ter en conta. Aínda que a rúa é tan pequena que non atopei un mapa para poñer a situación no mapa. De todos os xeitos non ten perda: é perpendicular á Rúa da Cruz e á Rúa do Miño.

Mención aparte merece o parroquiano, fixo do bar, que cantaba versións en galego de cancións de Isabel Pantoja. A chuiva de fora non penso que tivera que ver nada con esas tonadas.


Rúa Bispo Basurto nº4. Lugo
Comentarios (4) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 20-12-2006 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 home amigo, ti de novo, cobraches para poder ir de#blgtk08# pinchos?

ou estabas a dieta? :-)))
Comentario por ana (20-12-2006 10:34)
2 O parroquiano cantarín é algo que só se da nas tabernas con #blgtk08#prestixio e glamour galaico. En Ribadeo temos unhas cantas.
Comentario por A Randeeira (20-12-2006 20:32)
3 Houbo un tempo en que con frecuencia saía de viños por Lugo, cando a rúa da cruz aínda era a referencia fun#blgtk08#damental na cidade. E sempre ía ao Daniel tomar un viño e comer unha tapa de tripas. Picantes, deliciosas.
Comentario por Colineta (20-12-2006 21:37)
4 eu son un cliente da taberna daniel ,ainda que non son moi habitual ,cada vez que vou os viños paro nela,e podo asegurar que e un dos sitios onde #blgtk08#poñen as mellores tapas de lugo como e o ovo fritido ou o crocodilo se vos non soupestes escoller estade mais atentos pa prosima

Comentario por manuel ferreiro (25-03-2007 21:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal