De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Mesón O Cruceiro
No noso pequeno paseo por Cambados fixen un interesante descubremento: de camiño ó restaurante a onde iamos xantar, atopamos unha pequena placiña, con un bar, e na súa terraza puiden ver á xente acompañando a súa consumición con... ¡albóndiga con patacas fritas!

Así que aló nos fomos, dereitiños á barra a pedir un corto de cervexa esperando probar aquel pinchiño. Cal non foi o noso disgusto cando comprobamos que a nós nos poñen ensaladilla. ¡Qué se lle vai facer! Seguro que é un deses sitios onde fan varios pinchos e os van servindo aleatoriamente.

Conste que a ensaladilla estaba boa, e demos boa conta dela. Cando rematamos, vemos que nos poñen diante uns manises e unhas patatillas. Está ben, pensamos, unha pequena tapa de cociña, e algo máis para entreter á clientela. ¿Pódese pedir algo máis? POIS SI: un chisco despois, e cando xa iamos sair, por fin chegou a tapa da albóndiga.

Realmente espectacular, facía moito tempo que non vía un local tan farturento para os pinchos. Con razón estaba ateigado de xente. A foto está feita despois de tomar a ensaladilla, pero queda a fontiña como testimonio de que tamén andivo por alí.

Recomendabel, por suposto. ¿Alguén da máis por tan pouco? Porque aínda que non lembro canto, sei que o que nos cobraron polos cortos é o mesmo (ou menos se me apuran) que nos bares onde non dan nin as grazas.


Praza de San Gregorio s/nº. Cambados
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Cambados - Publicado o 05-12-2006 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Oiches, unha recomendación para cando veñas por Compostela. Esquencéuseme totalmente cando escribín o de Santia-Go! e quedei coa mágoa, así que aquí a tes, para que a probes ti e, se cadra, a publicites.

Trátase do Garum (Praciña das Penas), fronte á Bodeguilla de San Roque e ó colexio La Salle, na zona de San Roque. Con tanto dato non tes perda.

As veces que estiven déronme morcilla envolta en pasta brik e fritida, pementos d#blgtk08#e Piquillo recheos de bacallau, unhas tostas con queixo fundido... Moi recomendable. E xa na zona podes seguir a ruta pola Bodeguilla e, algo máis arriba, un pouco despois de Santa Clara pero enfrente, xa no inicio dos Basquiños, hai unha vinoteca pequena que se chama algo así como O Trece, O Quince... e que, aparte dos viños, cando eu estiven daba uns pinchos de queixo e embutido ben xeitosos.

Unha zona de tapeo compostelán para descubrir.
Comentario por gourmetdeprovincias (05-12-2006 20:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal