Por se alguén se preguntou se me cansara disto, xa que dende febreiro non volvera a pasar por aquí... pois a vedade é que non, que non me esquecín do blog, pero os Reises Magos (onde quedan xa, verdade?) chegaron cun agasallo a longo prazo, pero para o cal hai que ir preparándose con tempo: en setembro nacerá o meu primeiro fillo.
Así que hai cousas que están pasando a un segundo plano, aínda que non as esqueza, e para que vos vou a enganar... ir de pinchos a augas non é o meu.
Nin de augas... nin de tónicas. Na imaxe podedes ver os gin-tonics que
Pantagruel e a súa dona e
Makeijan se tomaron mentres eu me enganaba cunha tónica nun bar do centro de Avilés, onde coincidimos para pasar a noite despois de desprazarnos ate Prendes para xantar en
Casa Gerardo con eles e outros amigos. Despois de facer fronte a un menú degustación de vinte pratos (fabada e arroz con leite incluídos), os meus acompañantes decidiron que un paseo e un gin-tonic serían os mellores dixestivos.
A pesares de que era a hora de cear, e que nós xa estabamos coas copas, non deixaron de poñernos pincho: esa pizza coa que tamén agasallan nos locais que esta cadea de restaurantes ten en
León, e nalgún outro sitio máis que agora non lembro.
As copas, foron cortesía do Sr. Foucellas.
Rúa La Fruta nº20. Avilés