De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cambados: Yayo Daporta
Foi en Cambados onde tivo lugar o domingo 12 de novembro a I Xuntanza Galega de Blogogastrónomos. Aí­nda que podía­ ter sido en calquera outro sitio, xa que se barallaron outras posibilidades.

Finalmente, fomos trece e non doce os asistentes; pero iso non foi ningún problema ó non ter ningún supersticioso (polo menos confeso) na mesa.

O xantar foi en Yayo Daporta, cociñeiro que se molestou en preparar un menú especial para nós cos pratos que pensou que máis nos poderían gustar ou interesar dos que forman parte da carta do seu restaurante:

* Mousse de coliflor con vinagreta de café, berberecho e aceite de albéacha.
* Terrina de foie-gras con queixo de Arzúa e cabaza caramelizada.
* Ostras sobre "royal" caramelizada de coliflor e maracuyá, espinacas fritas e vinagreta de cenoria.
* Mexillóns en tempura sobre crocante de arroz e algas.
* San Martiño asado con verduras ecolóxicas salteadas con zamburiñas.
*Foie-gras asado sobre cabaza crocante con salsa de trufas.
* Infusión de froitos roxos con xelado de queixo fresco.

O xantar foi realmente agradábel. Supoño que os "profesionais" que alí estiveron detallarán nos seus blogs moito mellor ca min cada un dos pratos, así que eu só vou a comentar as cousas que me pareceron máis salientábeis. Como a vinagreta de café, por exemplo, que combinaba moi ben coa dozura da coliflor do primeiro prato.

Eu gustei especialmente dos pratos de peixe: sorprendeume a preparación das ostras, acostumados como estamos a tomalas só ó natural; os mexillóns (xigantes) en tempura estaban tan bos que o crocante de arroz pasou para min totalmente desapercibido; e o sanmartiño, que é un dos peixes que máis me gusta, foi unha sorpresa do máis agradábel, xa que até o de agora nunca o tiña tomado nun restaurante.

Aínda que eu son máis de peixe que de carne, botei de menos unha para rematar o xantar, xa que o "foi", que estaba realmente espectacular (non se pode cualificar doutro xeito) xa o tomaramos de segundo prato. Non me sorprendeu especialmente o sobremesa, quizais pola infusión (nunca fun moito de tomar infusións de froitas e flores, fánseme moi doces), demasiado doce para min.

Dúas curiosidades: unha, de seguro que este foi o xantar máis fotografado da historia: cada vez que chegaba un prato novo, todos sacabamos as nosas cámaras para inmortalizalo. Dúas, os silencios cando os trece dabamos o primeiro bocado de cada prato, supoño que para interiorizar cada sabor e poder lembralo mellor despois.

Como dicía antes, o xantar foi moi agradábel: compartir mesa con "devotos" da boa comida non ten prezo. E coñecer, por fin, a todos os asistentes, tamén: despois de tanto tempo lendo con atención os seus blogs, foi unha sorte poder poñerlle cara e voz a cada comentario.

Así que agardo con moita ilusión a próxima xuntanza, que probablemente teña lugar a finais do inverno; aínda que me pregunto se haberá alguén disposto a darnos de xantar...

Outra cousa: como podedes supoñer, aproveitei a visita a Cambados para "documentarme" para este blog, no que ben pronto darei conta dos meus descubrimentos.
Comentarios (4) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 13-11-2006 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Yo soy una de las asistentes supersticiosas (como buena actriz) para mi eramos doce mas uno ayer.
Pero es en lo unico que no coincidimos porque por lo demas para mi también fue un dleite gastronómico y personal.Que mas se puede pedir,que buena comida,buen vino y mejor compañia.
Mis comentarios ira#blgtk08#n en la semana ya que soy de las que dejo reposar los sabores para hablar de ellos.
Y también espero con ansias y alegria la segunda Xuntansa.
Perdona que no escriba en gallego,el conocimiento de esta uruguaya solo da para hablarlo.
Un abrazo fuerte a ti y a la vaca que tienes en el maizal.
Comentario por Sole (13-11-2006 18:59)
2 Estamos tratando tan ben a Yayo Daporta (gañouno el) que para 2007 os cociñeiros van estar con verdadeiras gañas de recibi#blgtk08#rnos. Nesta ocasión a elección foi un acerto pleno, agardemos que na próxima academos un nivel semellante, senón superior.
Comentario por Colineta (13-11-2006 19:26)
3 Encántame ver que de momento nos foi gustando a tódolos que vamos escribindo (e neste caso semella, ademáis, que coincidimos nas preferencias polos pratos).

Tamén #blgtk08#para min foi un pracer poñerlle por fin cara a esa Moraiminha que leo con frecuencia e descubrir a esa Cow in the Corn.

E xa estou agardando pola segunda xuntanza
Comentario por gourmetdeprovincias (13-11-2006 19:57)
4 Foi unha bóa reunión... moi agradable... coma tamén foi a comida. Polo que vexo todos me apurachedes con tempo para escribir sobre o encontro. ¡Cachis!

Eu fun do club que se co#blgtk08#meu a tempura e se olvidou do crocante, de feito se non reviso o nome do plato houbera pensado que era só adorno...

Espero que non fixera mal en non disfrutar da combinación.
Comentario por xmanoel (17-11-2006 22:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0