De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

... en Madrid?
Se o temporal e os pilotos desa compañía aérea que todos estades pensando o permiten, esta vindeira fin de semana estaremos en Madrid. Temos previsto saír mañá venres a última hora da tarde e estar de volta o domingo pola noite.

E si, xa sei que non pido axuda con moita antelación (con ningunha, en realidade), pero é que entre unhas cousas e outras, practicamente ata onte non soubemos seguro que ao final poderíamos viaxar.

Por experiencias anteriores, previas ao nacemento do blog, sei que en Madrid non abundan as tapas de balde; pero como xa me fixeron chegar algunha recomendación da que espero dar conta, pensei que, ao mellor, alguén sabe de locais nos que, en contra da tendencia xeneralizada, pensen que non hai nada mellor para ter aos seus clientes que darlles un pinchiño.

Certo é que estaremos en Madrid apenas 48 horas, así que non teremos tempo para moito. Pero, por se acaso, calquera recomendación será benvida.

Vémonos de pinchos!

Comentarios (7) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 29-01-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Sorpréndeme esa afirmación de que en Madrid non hai tapas de balde. Calquera bar que se precie pon sempre, sempre, sempre unha tapiña coa caña. Lembro tempos mellores en que diante da barra dalgúns bares había auténticas alfombras de cascas de gambas,#blgtk08# que agora xa non se ven.
Eu cando vou a Madrid non poido deixar de ir tomar un vermú á Bodega de Angel Sierra, na plaza de Chueca. De tapa so che poñerán unha oliva, ou un anaco de pepinillo con anchoa, pero o vermú e o local son fantásticos.
Comentario por Miguel Vila (Colineta) (29-01-2009 20:07)
2 Eu ía comentar o local que propón Colineta, do que me falou él, precisamente.

Outro que se me ven á cabeza era unha sidrería asturiana, cutriña, que había na rúa Fuencarral, case chegan#blgtk08#do ó final (entrando desde Gran Vía e pasado Tribunal, á man dereita, a uns 100 metros do final da rúa). Non sei se seguerá aberta, pero alí poñían unha tapa de empanada de chourizo coa caña de sidra.
Comentario por Gourmetdeprovincias (29-01-2009 22:03)
3 O sitio que comenta Jorge xa non existe por desgracia. Agora nesta parte so hai unhas cantas franquicias e tal...

As miñas recomendacións en plan bestial polo centro:

1) Un super coñecido que lle encanta á xente: "El Tigre", moi cerca da plaza que ten o lazo vermello (que non é Chueca) (Asturiano)
http://www.notesfrommadrid.com/2007/01/25/katie-goldstein-on-el-tigre/

2) Entre Plaza España e Noviciado, hai unha pequena praza chea de restaurantes exóticos (de feito esta un dos Chinos auténticos de Madrid) e tamén está "El Mundi" (Rioxano)
http://lacuchara.es/2006/11/28/bar_mundi

3) Pegadísimo a Preciados, hai un lugar extraño e oculto chamado "Viña T". Tratante bastante ben, pero eso sí, ten unha clientela especial (pero moi cariñosa):
http://guaschibo.blogspot.com/2006/02/gua-mitxolin-via-t.html

O tema que ten Madrid é que dependendo da zona van desaparecendo os bares con tapa g#blgtk08#ratuita. Pero en zonas ainda auténticas a variedade é grande.

- Noviciado ten un moi bóa variedade. Os mellores son o "Río Miño". (Os outros lles demos o aprobado, pero logo nos arrepentimos)
http://laconada.com/2007/01/safari-caero-de-caas-por-noviciado.html

- De Bilbao para enriba (refirome á Glorieta de Bilbao non ó Cantábrico) hai tamén unhas cantas xolliñas. Sen ir máis lonxe hai un sitio onde se supón que non eres capaz de comer todo o que che poñen: "La Casa de la Tortilla".
http://11870.com/pro/la-casa-la-tortilla
(Se ides, cantade o miudiño)

Un dos sitios máis grandiosos é un asturiano que queda cerca da estación de Principe Pío. Xa sei que queda lonxe de todo, pero é realmente notable. (Das veces que fun, sacaron de gratis: morcilla, empanada, tortilla, boqueróns fritos, torreznos, carne gisada con patacas,....): ¡¡Pomarada!!
http://11870.com/pro/la-pomarada



Comentario por Xose Ramos (30-01-2009 17:47)
4 Bueno, e logo van un par de recomendacións de bares nos que non dan pincho así realmente esaxerado, pero que teñen un encantazo moi peculiar.

- No medio de esta parte de Madrid que eme chista tan pouco (porque é puro turisteo). Pois hai un sitio que sendo apropiadísimo para turistas me encanta un chacho. Chámase "La Venencia". E é un bar de toque andaluz (digoo eu que nunca estiven en Andalucía, pero penso que debería ser así). So teñen viño de Xerez en barril (fino, manzanilla, amontillado e palo seco), xamón, mojama. Coma tapa de gratis danche amendoas e aceitunas. E sen anunciar por ningún lado, só para os amigos teñ#blgtk08#en unhas anchoas de santoña a 1 € que realmente valen ese €.
http://travel.nytimes.com/travel/guides/europe/spain/madrid/attraction-detail.html?vid=1154654659246

- Moi cerca da estación de metro de San Bernardo, indo cara Noviciado está un sitio chamado "La Parada". Alí non é que sexa o sumum dos pinchos de Madrid, pero son un encanto, e teñen un chourizo picante rioxano boísimo.
http://11870.com/pro/la-parada
(Contrariamente a descripción dos tíos estes, non é para nada cutre. E sinxelamente un bar antigo. Pero en Madrid, este sitio é un luxo comparado co porcos que son moitos bares).
Comentario por Xose Ramos (30-01-2009 18:01)
5 Ah... e por suposto hai moitas outras zonas de Madrid.... De feito case que é mais divertido ir ó chou a ver.

Eso sí, describo as zonas de Madrid segundo as miñas preferencias:
- Noviciado (bó sit#blgtk08#io)
- Santo Domingo (bó sitio)
- Huertas (mal)
- Lavapiés (ben, pero baixando: cada vez menos tascas e máis rest. exóticos)
- La Latina (hai cousiñas)
- Chueca (case non hai)
Comentario por Xose Ramos (30-01-2009 18:05)
6 Moitas gracias polas recomendacións! Pero a neve caída o domingo en Madrid, día que tiñamos reservado para estes menesteres, fixo q#blgtk08#ue tiveramos que deixalo para mellor ocasión.

En calquera caso, queda todo anotado para cando poida volver por aló.
Comentario por Moraiminha (04-02-2009 11:46)
7 Hola, yo soy una asturiana en Madrid, yo voy a recomendate un barin que ta cerca del mercado de Anton Martin, en medio la calle Atocha, entre el supermercado chino y la tienda de juguetes, llámase bar Castilla, de fuera no llam#blgtk08#a la atención pero dentro ye una tabernina prestosa, lo mejor ye el pinchu, siempre algo guisao por el dueño, oreja en salsa, riñones... con los torreznos que son la su especialidad y la tortilla que preparen muy bien.
Comentario por monica (17-03-2009 09:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0