De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Unha boa opción para sair da casa: Salamanca
Este é unha parte dunha "guía rápida" para unha fin de semán en Salamanca que fai un tempo lle fixen a un amigo. Espero que tamén a vós vos axude, se decidides aventurarvos máis alá do Padornelo. Tede en conta que non está debidamente actualizada, e pode que algún dos locais reseñados xa non exista, pero en xeral penso que pode servir:

"...- TAPAS. Ainda que en calquer sitio podedes topar unhas tapas boas, hai dúas zonas máis o menos diferenciadas.

a.- arredores da Plaza Mayor. Agora non me lembro do nome dos bares, e seguro que terán cambiado dabondo. Na propia praza preto da saida cara o mercado hai un que está ben, do que non lembro o nome onde poñen uns pinchos morunos de tapa que están moi bos. Xusto polo lado contrario, saindo pola C/ Prior á man dereita está o Bambú, baixando unhas escaleiras (panceta, magro, chourizo...), que ten racións e igoal sirve tamén para xantar ou cear; non sei se seguirá aberto, pero pola parte de atrás da Cafetería los Escudos, saindo da praza pola C/ Toro, e baixando unhas escaleiras teñen un bar pequeniño (xamón ou lombo). E moi preto hai (coido que C/ Ventura Rúiz Aguilera) hai tamén pinchos de prancha. Tamén no Alhambra, que está na Rúa Meléndez. O lado está o Jero, que é un restaurante carísimo, pero pon uns pinchos (paté de cabracho) que están bastante ben. E o Río Tormes (de pincho, pastel de carne, e tamén para xantar) saindo da praza maior polo Corrillo, un pouco máis adiante do MacDonals, nos mesmos soportais. Nas rúas Bordadores/Condes de Crespo Rascón tamen hai varios que están ben.

b.- Van Dick. A min góstame moito máis esta zona. A quince minutos máis ou menos da Plaza Mayor. Saides de alí pola C/ Zamora (peatonal) até chegar a unha igrexa redonda, e seguides de frente por C/ Torres Villarroel. Preguntade polos cines Van Dick (están ó cruzar a Avda. De Portugal), pasar a mazán dos cines e xirar á dereita. Toda a rúa que baixa e as perpendiculares están cheas de bares. Non me lembro dos nomes, pero xa ides vendo: onde haxa moita xente, entrade. En moitos deles hai pinchos de plancha (costela, chourizo, panceta...), e algún ten restaurante, así que vos pode servir para xantar ou cear. Chegade ate o Café de Chinitas , que ten uns pinchos de cociña moi bos..."

Unha última cousa: en Salamanca, na maior parte dos bares, a tapa elíxea o cliente. ¿Pódese pedir máis?
Comentarios (4) - Categoría SA.Salamanca - Publicado o 11-05-2006 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Onte na radio galega falaron da Blogoteca, e tamén do teu blog. Unha vez visitado enténdese ben que cha#blgtk08#mara tanto a atención. Os meus parabéns. Moi boa información e moi bó gusto á hora de deseñar o sitio.
Comentario por Miguel (11-05-2006 15:30)
2 Esta fin de semana, coma a pasada por motivos familiares teño que ir a Salamanca. É unha delicia ter a oportunidade de ir de pinchos#blgtk08# pola cidade da miña santa. Ainda que supoño que a coñeces ben, se queres podo facerche algunha suxerecia dalgún lugar. Unha aperta.
Comentario por Neno (18-05-2006 19:30)
3 Moitas grazas polo ofrecemento. A verdade é que coñezo bastante ben Salamanca, ainda que fai un par de anos #blgtk08#que non vou por alí, así que calquera suxerencia para cando volte, que espero que sexa axiña, será benvida.
Comentario por Administrador (19-05-2006 08:55)
4 Eh, que os pinchos pódelos elixir, pero hai que pagalos. Ademais as cousas alí so#blgtk08#n moi caras. De tódolos xeitos sinto non ler isto antes, acabo de chegar de alí.
Comentario por sino (13-12-2006 20:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal