Unha festa de pinchos foi o que sonou o pasado mércores na cociña de
Pepe Vieira Camiño da Serpe, na que os cociñeiros do
Grupo Nove fixeron a presentación do seu último proxecto: grandes éxitos da cociña galega.
Aínda que coa ausencia de algún dos músicos (que non da
vocalista), a orquestra fixo unha interpretación inesquecíbel. Resúltame difícil dicir cal foi a miña peza preferida, así que ilustro este comentario coa primeira que sonou para min:
ostra con escuma de escabeche, non por coñecida menos deliciosa, e perfecta para combinar cun branco da
D.O. Rías Baixas.
Pinchos fríos e quentes foron pasando polas miñas mans, mentres contemplaba aos cociñeiros no seu estado puro: preparando pequenos pratos dos que non só os invitados ao evento puidemos gozar, senón que os propios intérpretes ían dun sitio a outro para non perderse o que saía das mans dos seus compañeiros.
O Grupo Nove transmite boas vibracións. Case tan boas como as que nos facían chegar, metidos na zona do frega-pratos, a banda que jazz que lles axudou a amenizar a tarde.
Gracias pola invitación,
Pablo!