Por medio da Consellería de
Medio Rural, recibo a invitación que podedes ver na imaxe para acudir á presentación dunha nova marca de calidade: Vac.1
Esta terá lugar mañán ás 13 horas en Silleda, como parte do programa da
Semana Verde, e contará coa presencia de dous grandes cociñeiros:
Flavio Morganti e
Martín Berasategui, que serán os encargados de preparar un menú con este novo produto.
Para poder achegarme ate Silleda terei que traballar na fin de semana, pero penso que é unha boa oportunidade non só para coñecer o Vac.1, senón tamén para probar o que cociñan estes dous homes, xa que ate o de agora, non tiven a ocasión de achegarme aos seus restaurantes. Sinto que
Makeijan non poida vir comigo, pero alguén ten que levantar a casa...